Prebenxamíns. Portuarios, 0 - Numancia, 7
Os prebenxamíns tamén ás Semifinais!.
Non podían ser menos, e os pequenos tamén se apuntaron a pasar a semifinais da copa local. A súa vitoria por 0 a 7 fronte ó Portuarios e o empate a dous entre o Perlío e a E.F.Racing B permiteulles acadar o primeiro posto do grupo e clasificarse para as semifinais do torneo.
A Gándara (Ferrol) 22/05/2010
Xogaron de saída: Adrián, Pablo Cartelle, Mario Martínez, Juan, Pablo García, Migui e Mario García. Tamén participaron Diego e Samuel.
Goleadores: Pablo García (3), Mario García (2), Migui e Juan
No primieiro tempo anotaron por este orden Juan, Pablo García, Migui e Mario para poñer ó descanso o 0-4. Na reanudación sería Pablo novamente en duas ocasións e Mario García os que deixarían o 0-7 definitivo.
Así pois rematada esta fase de grupos o Numancia e primeiro con 13 puntos grazas ás 4 vitorias e un empate colleitadas deixando ó seu direto rival a E.F. Racing B con 11 puntos polas 3 vitorias e 2 empates acadados.
Ánimo ós rapaces e a seguir disfrutando da competición.