Prebenxamíns: Numancia, 4 - Galicia Caranza "C", 1
Nova vitoria e a clasificación pendente para a última xornada.
O Numancia prebenxamín conseguiu derrotar ó Galicia de Caranza "C" por 4 a 1 (3-0 ó remate do primeiro tempo) e seguir empatado na cabeza do seu grupo coa E.F.R.Ferrol "B", deixando para a última xornada a posible clasificación para semifinais.
Prados Vellos. 14/05/2010
Xogaron de saída: Adrián; Mario Martínez, Xan, Alberto, Juan, Pablo García e Migui. O longo do encontro tamén participaron Mario García, Segio, Isma, Cristina e Matthew.
Goles: Mario García (2), Pablo García e Migui.
Anotaría o primeiro tanto Pablo García e posteriormente Mario García e Migui deixarían o marcador có 3-0 que rematou o primeiro tempo.
Na reanudación tan só un tanto de Mario García e outro do Galicia de Caranza para rematar o encontro coa vitoria local por 4 a 1.
Ahora tan só queda esperar a última xornada e ver como se resolven os encontros entre o Perlío e a E.F. R. Ferrol "B" e o Portuarios fronte o Numancia para saber quen e o campión de grupo e clasifica para as semifinais. A día de hoxe E.F.R. Ferrol "B" e Numancia están empatados a 10 puntos con 3 vitorias e un empate, precisamente o que se deu no campo da Malata na xornada inaugural entre os ferroláns e os aresáns.