Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 11 - RÁPIDO DE NEDA, 0.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 11 - RÁPIDO DE NEDA, 0.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Numancia 11 - R. de Neda 0. Prados Vellos.FESTIVAL DE GOLES EN PRADOS VELLOS.

O resultado dio todo, nun encontro onde, a superioridade dos aresáns desbordou os nedenses. 

Prados Vellos, sábado 17 de abril do 2010.

2ª Xornada de Copa, categoría cadete, grupo 2º.

ALIÑACIÓNS:
NUMANCIA: Carlos, Pepe (Ricardo min. 48), Adrián (Roque min. 52), Miguel Piñeiro, Quique, Miguel López (Antonio min. 48), Juan (Dani min. 52), Ángel (Xaime, min. 52), Edu, Brayan e Javi.
RAPIDO DE NEDA: Víctor Novo (Jorge Casal min. 48), Francisco, Alejandro, Brais, Bruno, Javier, David, Víctor Souto, Óscar, Pablo e Jairo (Jorge Souto min. 43).

GOLES:
1 – 0 min. 30 Edu.
2 – 0: min. 35 Juan.
3 – 0: min. 41 Brayan.
4 – 0: min. 44 Edu.
5 – 0: min. 65 Miguel López.
6 – 0: min. 50 Edu.
7 – 0: min. 60 Edu.
8 – 0: min. 66 Quique.
9 – 0: min. 71 Brayan.
10 – 0: min. 77 Roque.
11 – 0: min. 82 Quique.

COLEXIADO: Manuel Bejarano Estepa (Delegación de Ferrol).

COMENTARIO:

Dominio total e absoluto do conxunto de Ares no encontro da segunda xornada de copa ante o R. de Neda. Na primeira metade o equipo visitante aguantou apenas media hora de xogo o acoso dos aresáns que ao final da mesma fóronse aos vestiarios con dous goles de vantaxe. Por parte dos visitantes apenas inquietaron en doas ou tres ocasións a balón parado a meta aresá.
Comeza a segunda metade e en apenas dous minutos, os visitantes encaixaron dous novos goles que lles fixeron moito dano. Moral e animicamente viñeronse abaixo e desapareceron do encontro. De aquí ao final do partido os de Ares crearon numerosas ocasións de perigo e os goles foron caendo un tras outro, converténdose ao final nunha goleada.
O próximo fin de semana partido importantísimo para os de Ares fronte ao Galicia de Caranza e onde posiblemente queden claras as posibilidades de cada un dos equipos de cara á clasificación final. Esperámosvos a todos en Ferrol.

MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 3: balón en profundidade de Juan sobre Edu, intérnase na área, pero o seu disparo cruzado vaise fóra.
M 6: balón ás costas dos defensas que recolle Edu na área, o seu disparo é detido por Víctor Novo nunha boa parada.
M 10: libre directo que mete o Neda no área do Numancia pero non atopa rematador e marcha fóra.
M 15: centro de Edu desde a liña de fondo que recolle Brayan dentro da área, no seu intento de caneo á defensa fórmase unha lea e perde unha boa ocasión de gol para o Numancia.
M 20: centro de Ángel ao área, Brayan toca de cabeza sobre Miguel López que libre de marca incompresiblemente reamata por enrriba da meta nedense.
M 23: falta que colga o Neda ao área numantina e detén Carlos sen problema.
M 27: disparo de Ángel desde o vértice da área que roza o traveseiro.
M 30: control de Brayan no semicírculo da área, pase medido entre os defensas sobre Edu que de tiro cruzado bate a Víctor Novo, 1 - 0.
M 32: roubo de balón de Edu en mediocampo, pase en longo sobre Brayan, por velocidade desfaise de dous defensas pero o seu disparo cruzado ante a oposición do gardameta vaise fóra.
M 35: balón colgado de Ángel que controla Juan na área pequena dáse media volta e de disparo raso bate a Víctor Novo, 2 - 0.
M 40: corner que bota Quique para o Numancia, Pepe dentro da área remata segundo cae e paradón de Víctor Novo de sensacional estirada.
2ª METADE:
M 40: centro desde a liña de fondo de Miguel López que recolle Brayan dentro da área, disparo raso e gol, 3 - 0.
M 42: Edu só fronte a Víctor dispara frouxo e detén este.
M 43: centro de Quique atrás que recolle Edu no bordo da área disparo seco e raso que supera ao gardameta, 4 - 0.
M 45: internada de Miguel López desde a liña de fondo ata a área pequena que detén o gardameta nedense nos pés do dianteiro aresá.
M 46: cesión atrás de Pepe sobre Carlos, nun fallo clamoroso deste, o balón pásalle por baixo do pé e estrélase na base do pau.
M 48: internada de Brayan pola banda, cede sobre Miguel López que de forte disparo a bocaxarro bate a Jorge Casal, 5 - 0.
M 50: pase de Ricardo sobre Edu, autopase deste sobre o defensa, disparo cruzado e gol, 6 - 0.
M 52: man a man de Brayan con Jorge Casal que co pé envía a corner. Bota o corner Quique e remate de Edu que detén de novo Jorge Casal.
M 53: balón que recupera Brayan fora da área do Neda, intérnase regateando a dous defensas pero se entretén demasiado perdendo unha ocasión clara de gol.
M 55: disparo de Brayan que detén Jorge Casal sen problemas. Ao saque do gardameta nedense recupera Edu nos tres cuartos, intérnase na área pero o seu disparo cruzado vaise fóra.
M 57: centro de Edu que se pasea pola área sen atopar rematador.
M 60: forte disparo raso de Edu desde os tres cuartos que se coa na porta nedense pegado ao pau, 7 - 0.
M 61: disparo de Óscar desde o vértice da área que sae excesivamente cruzado.
M 63: vaselina de Edu a Jorge Casal que marcha fóra.
M 66: centro picado de Antonio que supera ao gardameta nedense, Quique libre de marca remata de cabeza ao fondo das mallas, 8 - 0.
M 68: centro atrás de Edu sobre Quique, pero o seu disparo vaise fóra pegado á base do pau.
M 70: disparo de Jorge Souto que sae desviado.
M 71: internada de Brayan na área e bate por baixo a Jorge Casal, 9 - 0.
M 75: libre directo que executa Pablo Folgar ao área numantina e remata David Leira excesivamente alto.
M 77: pase de Brayan sobre Roque que dispara raso desde a semiluna da área e gol do Numancia, 10 - 0.
M 79: internada de Paco Folgar na área numantina, o seu disparo sae desviado ante a oposición de Carlos.
M 80: forte disparo de Brayan desde fóra da área que Jorge Casal envía a corner de sensacional parada.
M 82: GOLAZO de Quique desde o vértice da área que se coa por toda a escuadra superando ao gardameta visitante 11 - 0.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.