Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 3 - EUME DEPORTIVO, 1
 
 

CADETES. NUMANCIA, 3 - EUME DEPORTIVO, 1

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Numancia 3 - Eume Deportivo 1. Prados Vellos.Os cadetes non defraudaron ao numeroso público que se deu cita en Prados Vellos. 


Prados Vellos, sábado 20 de marzo do 2010.

26ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.

ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Carlos, Pepe, Adrián (Xaime min. 41), Ángel, Quique, Javi (Roque min. 65), Brayan, Miguel López, Juan (Ricardo min. 61), Edu e David (Antonio min. 41).
EUME DEPORTIVO: José Vidal, Jorge (Alejandro min. 49 e Ramón min. 75), Sergio, Jaime, David Allegue, Edgar, Airión, Daniel, Tomás (Marcos min. 76), Alberto e Diego (David Saavedra min. 41).

GOLES:
1 – 0 min. 3, Edu.
1 – 1 min. 36, Tomás (penalti).
2 – 1 min. 60, Brayan.
3 – 1 min. 73, Edu.

COLEXIADO: Cristian Santos González (Delegación de Ferrol).
Amosoulle cartón amarelo a Juan, Ángel e Fran (Adestrador) polo Numancia.

COMENTARIO:
Bo ambiente e moito público o que se achegou ata Prados Vellos, tanto da parte eumesa como da aresá, a animar a os seus equipos. A priori o encontro prometía espectáculo futbolístico, pois así se podía deducir pola posición ocupada na táboa por ambos equipos, eumeses na cuarta posición e aresáns na sexta. Cos primeiros postos prácticamente definidos, salvo sorpresas, que aínda pode habélas, e a unha xornada do final do campionato de liga ambolos dous conxuntos, a bon seguro, que aínda querían deixar un bo sabor de boca á súa fiel afección.
Ao final, o encontro non é que defraudase, pero en verdade esperábase algo máis do conxunto eumés. Durante a primeira metade estivo desaparecido do terreo de xogo e durante moitos minutos a mercé dos aresás. E durante a segunda puxeron a salsa durante algúns minutos ao comezo, pero pouco tardou en decaer a intensidade do seu xogo.
Aos poucos minutos de iniciada a primeira metade, un gol temperán púxolle o encontro de cara aos de Ares, que ben puideron habelo deixado sentenciado nesta metade, posto que tiveron ocasións para elo. Con todo, os da vila dos Andrade marcharon aos vestiarios con empate a un tanto, grazas a un penalti, xusto, na que practicamente foi a única ocasión na que os eumeses se achegarían con perigo ao área local nesta primeira metade.
Na segunda metade o Eume saleu a polo partido e atosigou durante os primeiros minutos a área aresá, creando dúas boas ocasións para adiantarse no marcador. Parecía que esta segunda metade prometía, pero os de Ares en dez minutos sentenzaron o encontro, marcandolle dous tantos ao rival, un deles nun clamoroso fallo defensivo. De aí ao final do partido os eumeses intentárono pero con máis corazón que xogo. Ao final xusto resultado para os de Ares.
O próximo fin de semana, ultima xornada de liga. Desprazamonos a Meirás para disputar o encontro aprazado por mor do temporal Cintya do pasado 27 de febreiro. Os aresás loitaran pola quinta praza que se disputan co Eume e que á súa vez enfrontase ao As Pontes no Poboado. Esperámosvos a todos nun encontro que a bo seguro será apaixoante. Non faltedes.

MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 3: corner que bota Quique, Brayan toca de tacón sobre Edu, control e disparo a bocaxarro que se estrela en José Vidal, o rexeite é enviado a corner por un defensa. Corner que volve botar Quique, Brayan peitea o esférico que chega a Edu, regatea a un defensa colócase o balón na súa perna boa e de forte disparo cruzado a media altura bate ao gardameta eumés, 1 - 0.
M 9: balón en profundidade de Ángel sobre Miguel López que marcha por velocidade do seu marcador, encara ao gardameta que sae baixo os paus, a vaselina do dianteiro aresá supérao pero o balón sae desviado.
M 12: saque de corner en curto de Quique sobre Ángel que dispara algo desviado.
M 31: libre directo desde o vértice da área que lanza Quique, o balón vaise por riba do traveseiro.
M 36: penalti a favor do Eume que transforma Tomás para establecer a igualada, 1 - 1.
M 35: disparo de Miguel López desde á liña de fondo que o gardameta eumés envía a corner con algunha dificultade.
M 38: balón en profundidade de Quique sobre Miguel López, éste encara ao gardameta eumés que moi valente arróxase aos pés do dianteiro rexeitando o esférico.
M 40: falta que colga Ángel ao área eumesa, Miguel López remata de cabeza pero o esférico marcha pegado á base do pau.

2ª METADE:
M 49: disparo bombeado de Tomás desde a semilua da área aresá que a punto está de sorprender a Carlos.
M 52: disparo raso de Edgar axustado á base do pau que Carlos envía a corner.
M 60: falta que colga Quique ao área eumesa, Edu toca de cabeza, recolle Brayan controla leva ao seu marcador e de forte disparo cruzado bate a José Vidal, 2 - 1.
M 62: libre directo que lanza Edu, o balón marcha excesivamente alto.
M 73: balón que colga Quique ao área eumesa, dous defensas fallan no despexe, o balón chega aos pés de Edu, controla, dáse media volta e de forte disparo marca o 3 - 1.
M 80: corner que bota o Eume, remate de cabeza de Alberto que Carlos toca lixeiramente enviando de novo a corner.
 

 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.