Inicio Noticias Cadetes CADETES. PERLÍO, 1 - NUMANCIA, 6.
 
 

CADETES. PERLÍO, 1 - NUMANCIA, 6.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Perlío 1 - Numancia 6. Os Pinares.Na segunda metade un Numancia moi metido no encontro arrasa ao Perlío.
Vitoria moi importante pois permitelle aos de Ares pugnar polos postos altos da táboa. 

Os Pinares, sábado 6 de marzo do 2010.

24ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.

PERLÍO, 1 – NUMANCIA, 6.

ALINEACIÓNS:
PERLÍO: Santiago Pinto, Ángel Cacheiro (David Vargas, min. 69), Alfredo Amenedo, Diego Espada, Rafael Regueiro, Borja Pereira (Diego Rey min. 46), Carlos Gómez (Pablo Marqués min. 68), Alejandro Vidal, Adrián Calvo, Manuel Mosquera (Javier Bonilla min. 62) e Edgar López.
NUMANCIA: Carlos, Pepe, Miguel Piñeiro, Adrián (Roque min. 62), Quique, Xaime (Ricardo min. 41), Antonio (David min. 41), Brayan, Edu, Miguel López e Juan (Javi min. 41).

GOLES:
0 – 1 min. 3 Edu.
1 – 1 min. 31 Mosquera.
1 – 2 min. 54 Edu.
1 – 3 min. 59 Brayan.
1 – 4 min. 62 Brayan.
1 – 5 min. 68 Edu.
1 – 6 min. 82 Brayan.

COLEXIADO: José A. Rodríguez Dopico.
Amosoulle cartón vermello a Diego Espada, e amarelo a Alejandro Vidal e Manuel Mosquera polo Perlío, e a Xaime, Edu e Juan polo Numancia.

COMENTARIO:
Primeira metade irregular do equipo aresá. Estivo moi ben os dez primeiros minutos, onde exerceu o dominio e control do terreo de xogo. Aos poucos foi cedendo e decaendo a intensidade do seu xogo o que propicio os mellores minutos do Perlío que a raíz do empate no minuto 31 viñeronse arriba e nos últimos dez agobiaron a meta aresá.
Na segunda metade a superioridade dos numantinos foi abraiante. O segundo gol encaixado polo Perlío, e na mesma xogada, a expulsión de Espada sacou do encontro ao conxunto fenés o que propiciou que encaixasen unha goleada en poucos minutos. Os de Ares esporeados pola vantaxe no marcador e o movemento de balón de Quique no medio campo desarbolou ao rival, que nesta segunda metade apenas inquedou a meta aresá.
No partido de hoxe é de xustiza destacar a un xogador por riba dos demais, este é Quique, posto que o seu extraordinario labor en mediocampo foi determinante na vitoria do equipo aresano. Basta dicir que tres dos seis goles pasaron polas súas botas.

MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 3: pase en profundidade de Pepe sobre Edu ás costas dos defensas que controla e por velocidade intérnase na área, Santiago sae á desesperada e Edu supérao de vaselina, 0 - 1.
M 8: disparo de Juan desde fóra do área que marcha alto.
M 14: man de Miguel Piñeiro dentro da área aresá e o colexiado sinala penalti. Mosquera executa a pena máxima e detén Carlos.
M 20: libre directo que lanza Quique próximo ao bordo da área do Perlío, Santiago con algunha dificultade envía a corner.
M 22: disparo de Brayan desde fóra da área que detén Santiago.
M 31: centro desde a liña de fondo de Adrián Calvo, Manuel Mosquera libre de marca no punto de penalti para co peito, golpea segundo cae e establece a igualada, 1 - 1.
M 34: libre directo desde os tres cuartos que executa Diego Espada, o seu forte disparo marcha polo lateral da meta aresá.
M 39: forte disparo de Borja Pereira desde os tres cuartos que Carlos envía a corner con algunha dificultade. O Perlío executa o corner moi pechado e Carlos detén con apuros pegado á base do pau.

2ª METADE:
M 43: disparo de Miguel López desde o bordo da área que detén Santiago.
M 47: disparo de Edu que sae excesivamente alto.
M 50: centro chute de Edgar López que se marcha fóra por moi pouco.
M 52: centro de Edu ao área local que Brayan de disparo acrobático envía por riba do traveseiro.
M 54: centro de Quique próximo ao pico da área, Edu controla de costas á meta do Perlío, dáse media volta e chuta batendo a Santiago, 1 - 2.
M 58: disparo de Carlos Gómez que o gardameta aresá detén sen problemas.
M 59: conducción de Javi pola banda, cede a Quique no circulo central e éste pon un balón para Brayan ás costas dos defensas, que nun man a man con Santiago báteo por baixo, 1 - 3.
M 61: internada de Miguel López pola banda dereita, alcanza a liña de fondo e o seu centro chute é detido por Santiago sen problemas.
M 62: saque en longo de Carlos, Ricardo peitea e prolonga recollendo Edu o esférico, cede sobre Brayan na semiluna, intérnase na área e bate a Santiago de tiro cruzado, 1 - 4.
M 68: centro de Quique ao área, un defensa falla no despexe e Edu colocado detrás del, controla e fusila ao gardameta local, 1 - 5.
M 71: xogada individual de Edu que arrinca desde mediocampo, regatea ao seu marcador, intérnase na área, supera a saída do gardameta de vaselina pero o balón estrélase no traveseiro.
M 75: disparo de Edu que sae excesivamente cruzado.
M 79: libre directo que lanza Quique próximo ao bordo da área do Perlío, Santiago envía a corner. Saca o corner Quique en curto sobre David libre de marca, acomódase o balón pero o seu disparo saeñe frouxo detendó Santiago.
M 81: forte disparo de Edgar López que sae moi desviado.
M 82: control de Brayan na semiluna da área do Perlío, dáse media volta e a perna cambiada bate a Santiago de forte disparo a media altura, 1 - 6.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.