SUSPENSIÓN DOS PARTIDOS

SUSPENSIÓN DOS PARTIDOS

A FEDERACIÓN GALEGA SUSPENDE AS COMPETICIÓNS DESTA FIN DE SEMANA.

Esta tarde recibimos unha circular da Federación Galega de Fútbol  informándonos da suspensión de todos os partidos de infantís, alevíns, benxamín e prebenxamíns designados para esta fin de semana. Non se celebrarán partidos destas categorías nin o venres nin o  sábado.

Polo que respecta ás outras categorías, de momento, non recibimos ningunha comunicación. Aínda así, teremos que estar atentos á evolución das condicións meteorolóxicas.

Por último, indicar que esta tarde as nosas categorías de fútbol - 7 non celebraron os adestramentos previstos. A primeira hora da tarde e visto o forte vento que asolaba Prados Vellos, a entidade decidiu suspender as actividades.