Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 2 - AS PONTES, 1
 
 

CADETES. NUMANCIA, 2 - AS PONTES, 1

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Numancia 2 - As Pontes 1. Prados Vellos.O mellor de todo, o resultado.
Os de Ares leváronse os tres puntos no que poderíamos calificar como un dos peores partidos da temporada.

Prados Vellos, mércores 24 de febreiro do 2010.
16ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
NUMANCIA, 2 – AS PONTES, 1.
Alineacións:
NUMANCIA: Carlos, Pepe, Miguel Piñeiro, Adrián, Quique, Miguel López, Ricardo (Xaime min. 45), Antonio (Ángel min. 41), Juan (David min. 65), Edu e Brayan.
AS PONTES: Cristián, Alberto Sánchez, Rubén, Marcos, Diego, Alejandro Cabarcos, Juan, Álvaro (Alejandro Galego min. 63), Alberto López, Darío e Luís (David González min. 73).
GOLES:
0 – 1, min. 41 Rubén.
1 – 1 min. 58 Edu.
2 – 1 min. 68 Edu.
COLEXIADO: Jaime Cerdido Ramos. Amosoulle cartón amarelo a Antonio polo Numancia e doble amarelo a Víctor Bellón (adestrador) de As Pontes.

COMENTARIO:
Encontro correspondente a 16ª xornada de liga que non seu día tívose que suspender por mor dás fortes nevaradas do mes de xaneiro e que impediron o desprazamento do conxunto pontés a Prados Vellos. O choque comezou con vinte minutos de atraso porque ó colexiado chegou tarde.
O encontro que a priori presentabase como moi interesante, polas posicións ocupadas na táboa por ámboslos dous conxuntos, resulto un fracaso. Pouco ofreceu, en canto a xogo, o choque entre o Numancia e As Pontes nun partido, que resultou bastante aburrido en sobre todo a primeira parte.
Na primeira metade os visitantes puxeron as gañas e o pundonor aínda que con pouco criterio, mentres que os locais non deron entrado en xogo, polo que o respetable aburreuse dabondo. Todo o xogo desenvolveuse en medio campo con moitas perdas de balón e continuos saques de banda. Os gardametas de ámboslos dous conjuntos pouco traballo tiveron, pois as aproximacións a ambas áreas foron escasas.
Na segunda metade, un gol temperán de As Pontes, aos 45 segundos de iniciada ésta, parecía que lle ía poñer algo de salsa ao encontro. Pero ao final resultou máis do mesmo, os visitantes volveron poñer as ganas e os locais, nesta ocasión, puxeron a velocidade. Ao final impúxose esta e os de Ares leváronse tres valiosos puntos contra un rival directo, de cara a rematar no máis alto posible da táboa, cando xa nos encontramos na recta final do campionato.
O próximo sábado desprazámonos a Meirás onde nos enfrontaremos ao equipo local, terceiro clasificado. A priori outro bo encontro, vémonos. O partido dará comezo ás 16:15.

MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 17: disparo de Alberto Sánchez dende o bordo da área do Numancia que marcha alto.
M 24: gol anulado aos ponteses por fóra de xogo.
M 30: balón bombeado dende o círculo central sobre a meta numantina, o esférico fai un estraño a consecuencia do vento e a punto está de sorprender a Carlos, que o envía a corner con algunha dificultade.
M 32: contraataque do Numancia que inicia Miguel Piñeiro, cede sobre Brayan no circulo central e éste prolonga sobre Edu, intérnase na área e por velocidade lévase ao seu marcador, pero o seu forte disparo cruzado con pouco ángulo é detido por Cristián de extraordinaria parada.
2ª METADE:
M 41: centro de Luís á área aresá dende ou curruncho que Rubén remata sen ningunha oposición, 0 - 1.
M 53: balón bombeado de Rubén que se pasea pola área do Numancia sen encontrar rematador.
M 58: disparo de Ángel dende o bordo da área pontesa que se estrela nun defensa, o rexeite favorécelle a Edu que libre de marca no punto de penalti de forte disparo fusila a Cristián 1 - 1.
M 60: balón en longo que saca Carlos, Edu controla, regatea ao seu marcador, conduce pola esquerda, e pase da morte ao que non chegan por moi pouco nin Miguel López nin Xaime, enviando un defensa a corner. Quique bota o corner, Edu remata de cabeza e Cristián rexeita de sensacional parada.
M 68: balón en profundidade de Quique sobre Edu, controla internase na área e é derrubado, o colexiado sinala penalti. Edu executa a pena máxima e establece o 2 - 1.
M 72: disparo de Xaime dende fóra da área que marcha alto.

 

SDR Numancia de Ares. Cadetes Numancia, 2 - As Pontes, 1. Prados Vellos. 24/02/2010SDR Numancia de Ares. Cadetes Numancia, 2 - As Pontes, 1. Prados Vellos. 24/02/2010

 

 

 

 

 

 

 

SDR Numancia de Ares. Cadetes Numancia, 2 - As Pontes, 1. Prados Vellos. 24/02/2010SDR Numancia de Ares. Cadetes Numancia, 2 - As Pontes, 1. Prados Vellos. 24/02/2010

 

 

 

 

 

 

 

SDR Numancia de Ares. Cadetes Numancia, 2 - As Pontes, 1. Prados Vellos. 24/02/2010SDR Numancia de Ares. Cadetes Numancia, 2 - As Pontes, 1. Prados Vellos. 24/02/2010

 

 

 

 

 

 

 

SDR Numancia de Ares. Cadetes Numancia, 2 - As Pontes, 1. Prados Vellos. 24/02/2010SDR Numancia de Ares. Cadetes Numancia, 2 - As Pontes, 1. Prados Vellos. 24/02/2010

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.