Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 2 - AS PONTES, 1
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 2 - AS PONTES, 1

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS. NUMANCIA, 2 -AS PONTES, 1. FEBREIRO 2010¡¡¡QUE BONITO É GAÑAR¡¡¡

Décimo oitava xornada de liga onde o Numancia venceu nun emocionante partido ao CD As Pontes.

Ares, 13 de febreiro de 2010
ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Adrián, Óscar, David, Carlos, Fran F. (capitán), Carlos, Sergio. Fran M., Piñeiro, Pablo, Alexis e Miguel. 

CD. AS PONTES: Adrián, Iago, Jonathan, Pablo, Alejandro, Darel, Álvaro, Carlos, José, Raquel, Daniel e Iván.

Goles: Carlos e Emilio polo Numancia e Darel polo As Pontes

Árbitro: D. Víctor M. García Villaverde (Delegación de Ferrol)

COMENTARIO:
Nunha mañá de sábado de Entroído fría, pero onde por fin puidemos desfrutar do sol nun partido dos nosos. Había tempo que o sol non viña a desfrutar dun partido do Numancia alevín, e polo que ollou hoxe, estou seguro de que volverá moitas veces.
Un partido que medía aos aresáns cun equipo de segundo ano, situado anecdóticamente na zona media – baixa da clasificación. Un As Pontes que é un equipo moi ben organizado defensivamente, correoso, forte e coas ideas moi claras á hora de atacar.
 Comezou o encontro nuns 10 primeiros minutos no que ningún dos dous equipos se facía co dominio do balón, sendo un partido de moito  centrocampismo nese periodo de tempo, sen apenas ocasións de gol. Na metade do primeiro tempo o Numancia colleu o dominio do balón e conseguiu enlazar as xogadas ás que nos ten acostumados, errando ante a meta pontesa dúas inmellorables ocasións de poñerse por diante no marcador. Pero o que perdoa o paga e xusto cando mellor xogaba o Numancia nunha falta sacada polos visitantes e tras un gran taconazo o balón chega a Darel,quen co disfraz de pistoleiro lanza un mísil imparable para o porteiro numantino, conseguindo o 0-1 para os visitantes. A raíz deste gol, nos últimos instantes da primeira metade o Numancia insistiu na busca do empate, o cal conseguiu mediante unha gran xogada individual de Carlos, que hoxe xogou co traxe de Supermán. Co empate a 1 tanto chegábase a descanso.
A segunda medate foi numantina. O equipo aresán nos primeiros minutos buscou o seu dianteiro circunstancial Carlos, levando inquietude e perigo á defensa visitante nos 5 primeiros minutos da segunda metade. O As Pontes foi quen de sacudirse ese dominio durante os seguintes 5 minutos, pero os 15 últimos minutos do partido foron un acoso e derribo por parte dos aresáns. Foron os mellores minutos do partido do Numancia. Xogadas de todas as cores e sabores. Combinacións, paredes, entradas por banda… 5 ou 6 ocasións claras de gol pero… o balón non quería entrar na portería pontesa. Repetíase a historia dos partidos do Racing e o San Sadurniño, parecía que a sorte estaba de vacaccións de Carnaval ou ben contratada polo As Pontes. Pero nun último arreón do Numancia co lema de “todos ao ataque” chegou a recompensa curiosamente no rexeite dun córner no que o sempre atento Emilio co seu disfraz de cazador cazou un balón e foi quen de metelo con tranquilidade na portería visitante, para ledicia de xogadores, adestradores e parroquia numantina. Ese gol foi no minuto 24, que foi cando a sorte decidiu poñerse do lado aresán, o cal agradecemos moitisimo porque sería inxusto que os nosos xogadores non se levaran este partido.
En resumo, partido moi disputado e traballado polo Numancia. Un equipo o do CD As Pontes que fixo un partido extraordinario no aspecto defensivo, con forza, orde e dureza nas suas accións. O Numancia foi quen de batir a este gran bloque que viñeron a Ares disfrazados de guerreiros, pero os nosos non foron menos e leváronse esta batalla, con máis calidade que forza.

Quedan agora 4 xornadas, 12 puntos en xogo para o remate da Liga. A situación segue co empate a puntos na segunda praza entre Numancia e Racing “C”. Quedan 4 partidos bonitos e intensos, Ortigueira, Meirás, R. San Pedro e Racing “E". 4 partidos para intentar seguir mellorando e acabar a liga no máis alto posible.

Agora vacacións merecidas de Carnaval para os nenos, tempo para pintar a mona. O xoves retorno aos adestramentos para preparar o complicado encontro da semana que vén en Ortigueira, un equipo parecido ao As Pontes que no seu campo de San Claudio seguro que ofrecerá moitisima resistencia aos numantinos.
 Polo tanto, a disfrazarse todos e pasalo ben, sen comer moitos doces. E recordade que o próximo sábado imos todos de excursión a Ortigueira para ver as evolucións dos nosos pequenos pero grandes futbolistas. ¡¡¡Vémonos TODOS en Ortigueira o vindeiro sábado¡¡¡
¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.