Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 1 - PORTUARIOS "B", 0.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 1 - PORTUARIOS "B", 0.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Numancia 1 - Portuarios Os cadetes estrean a sua nova equipación cunha vitoria, nun encontro no que os gardametas foron os protagonistas. 

 

Sábado, 6 de febreiro do 2010.
20ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
NUMANCIA, 1 – PORTUARIOS “B”, 0.
Alineacións:
NUMANCIA: Carlos, Pepe, Miguel Piñeiro, Ángel, Martín (Antonio min. 41), Quique, Miguel López (Adrián min. 68), Ricardo (Xaime min. 41), Javier (Alberto min. 63), Edu e Brayan.
PORTUARIOS “B”: Luís, Javier, Alejandro (Carlos min. 55), David Carrera, Adrián, José Rodríguez, Iago (Ismael min. 48), Esteban, Miguel, Manuel (Jorge min. 62) e Iván (David Vilasánchez min. 41).
GOLES:
Numancia: Edu.
COLEXIADO: José A. Rodríguez Dopico.
CARTÓNS:
Veu cartón vermello Miguel Pol e cartón amarelo José Rodríguez polo Portuarios “B” e polo Numancia viron cartón amarelo Edu, Pepe e Ángel.

COMENTARIO:
Antes de dar comezo o encontro gardouse un respectuoso minuto de silencio en memoria de D. Benigno Hermida López “Ramón”, directivo da SDR Numancia, falecido recentemente.
Neste encontro os cadetes estrearon unha nova equipación, subvencionada pola “Asesoría OCAMPO”, e os rapaces en agradecemento da súa estrea brindaronlle a vitoria á súa patrocinadora, Dª Cristina Ocampo.
Partido moi entretido e de moito nerviosismo con resultado incerto ata o asubío final. Moitas ocasións claras para ambos conxunto nas que os gardametas tiveron moito traballo e realizaron algunhas intervencións de autentico luxo.
Na primeira metade os aresás exerceron un maior dominio territorial pero moitas das súas chegadas ao área estrelábanse coa ben armada defensa ferrolá que tivo bastante traballo. Pese ao dominio e ás ocasións, unha delas de penalti, os de Ares non materializaron ningunha e fóronse aos vestiarios con empate a cero no marcador. Nesta primeira metade os ferroláns tamén tiveron duas clarísimas ocasións, ao principio e final da mesma, que “San Carlos” rexeitou de espectaculares paradas.
A segunda metade foi máis igualada e os dous conxuntos gozaron de clarísimas ocasións de gol, e os gardametas, de novo tiveron un gran protagonismo. Os aresás conseguirían un gol temperán que daba certa tranquilidade, esta situación propicio que os ferroláns adiantasen as súas liñas creáronse máis ocos e as ocasións sucederíanse unhas detrás doutras. Pero o marcador xa non se volvería a mover. Ao final tres novos puntos para os de Ares que están realizando unha segunda volta espectacular, aínda que o partido de hoxe non foi do mellor que se lles viu.
O próximo fin de semana os de Ares teñen unha proba de fogo, desprázanse a O Beco onde lles espera o Cedeira, líder da categoría, ¿serán capaces de manter a racha? Non o podes perder, esperámoste en Cedeira.

MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 8: libre directo sobre a área numantina, toca Iván e Carlos de extraordinaria parada co pé rexeita o balón e vaise por riba do traveseiro.
M 13: penalti sobre Miguel López, Edu executa a pena máxima e o balón vaise alto.
M 17: falta sobre a área do Portuarios que o gardameta despexa de puños, o balón cae nos pés de Martín que dispara bombeado pero o balón sae alto.
M 24: libre directo sobre a porta numantina que supera a barreira, Carlos detén de extraordinaria parada.
M 26: corner que bota o Numancia, despois de varios rexeites o esférico chega a Brayan que se revolve na área, dispara e paradón de Luís.
M 31: xogada individual de Brayan pola dereita, internarse na área e dispara pero o seu tiro sae desviado.
M 40: balón bombeado a área aresá e fallo garrafal da defensa que non acerta a despexalo, o esférico chega aos pés de Iván, chuta e paradón de Carlos nunha estirada espectacular.
2ª METADE:
M 47: centro de Ángel desde a esquerda ao área ferrolá, Edu peitea o balón e supera a Luís, gol do aresás, 1 - 0.
M 49: balón en profundidade ao área ferrolá que controla Xaime, dispara pero o seu tiro sae excesivamente alto.
M 56: falta que saca en curto Quique sobre Miguel López, controla e dispara pero o balón marcha por riba da portería.
M 60: internada de Brayan pola dereita, cede sobre Edu, circula o balón paralelo ao área, pasa a Antonio que remata en carreira, o balón sae pegado ao pau.
M 63: saque de falta do Portuarios, remata de cabeza Miguel Pol pero o balón marcha alto.
M 69: conducción entre Edu e Brayan ata a área ferrolá, Brayan quedase co balón encara a Luís e dispara, o gardameta ferrolá a unha soa mán envía a corner dunha fenomenal parada.
M 73: libre directo sobre a área aresá que volve a deter Carlos doutra parada espectacular.
M 76: balón colgado ao área do Numancia que remata Jorge de cabeza, o balón sae rozando o traveseiro.
M 78: balón en profundidade de Edu sobre Brayan, regatea ao seu marcador, disparo cruzado e o balón estrélase na escuadra da meta ferrolá.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.