Inicio Noticias Cadetes CADETES. O VAL, 1 - NUMANCIA, 3
 
 

CADETES. O VAL, 1 - NUMANCIA, 3

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. O Val 1 - Numancia 3. Sinde.Os cadetes suma e segue.

Os de Ares volven noquear a un da parte alta da táboa, nesta ocasión foi ao conxunto de O Val. 

Sábado, 30 de xaneiro do 2010.
19ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
O VAL, 1 – NUMANCIA, 3.
Alineacións:
O VAL: Pedro, Marcos (Nicolás min. 48), Iván, Juan (Alejandro Seoane min. 63), Roberto, Alejandro Naviera (Jesús min. 67), Germán (Francisco min. 67), Sergio, Alberto, Marcos e Rubén (Javier min. 52).
NUMANCIA: Carlos, Pepe, Adrián (Xaime min. 41), Miguel Piñeiro, Ángel (Roque min. 67), Miguel López (Juan min. 63), Ricardo, Javier, Brayan, Edu e Antonio (David min. 47).
GOLES:
O Val: Alejandro Seoane.
Numancia: Edu (3).
COLEXIADO: Juan Carlos Fernández Martínez.
CARTÓNS:
Veu cartón vermello David, e cartóns amarelos,  Edu e Xaime polo Numancia e Germán e Sergio polo Val.

COMENTARIO:
Nunha tarde de auga e frío bastante desapracible para a práctica do fútbol enfrontábanse no campo de Sinde o conxunto local e o Numancia, terceiro e oitavo clasificado respectivamente. O encontro viuse algo deslucido pola choiva, que caeu con bastante intensidade, sobre todo na primeira metade, pero aínda así estivo moi entretida. Non foi así na segunda, na que a pesar de que a choiva nos dou un respiro, futbolísticamente de cara ao espectáculo foi un tanto sosa.
A primeira metade estivo bastante igualada aínda que os aresás foron máis efectivos que os locais o que lles permitiu irse ao descaso cunha vantaxe de dous goles. Os locais cun bo toque e xogando o balón marcaron un pouco o tempo do encontro pero non chegaban con moita claridade ao área aresá, ainda que gozaron de duas boas oportunidades pero o balón estrelouse no traveseiro. Por contra os de Ares xogando ao contragolpe e con balóns ás costas dos defensas foron moito máis efectivos.
A segunda metade foi máis aburrida e houbo poucas ocasións de gol. Os de Ares non estiveron ben, e nalgunhas fases do xogo víronse superados polo bo toque de balón dos valexos. Os de Ares controlaron o comezo e final desta segunda metade, o resto foron os valexos, que cun xogo fluído e de bo toque fixeronse donos do terreo. Pero de cara a portería, con pouca eficacia, pois ou se estrelaban contra a ben plantada defensa aresá ou os seus disparos saían moi desviados. Os aresás aos poucos minutos de iniciada esta segunda metade marcaron o terceiro, que daba moita tranquilidade para o que restaba de encontro, e xa ao final do mesmo volverían marcar outros dous goles que serían anulados polo colexiado. Vitoria xusta e merecida para os de Ares pese a non estar moi finos na segunda metade.
MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 7: pase desde mediocampo de Ángel, ás costas dos defensas, sobre Edu, quen controla e de tiro cruzado bate a Pedro, 0 - 1.
M 9: globo de Ricardo ao área valexa que controla Edu pero o seu disparo cruzado vaise pegado á base do pau.
M 11: saque desde o curruncho de Ángel, logo de varios rexeites, Edu recolle na semilua dá área e o seu forte disparo en rexeitado por Pedro de extraordinaria parada. O rexeite é recollido por Brayan, cede sobre Edu, intérnase na área e de novo Pedro, moi valente, arróxase aos pés do dianteiro aresá e volve a rexeitar o esférico.
M 12: balón en profundidade de Ricardo sobre Edu, controla, leva ao seu marcador e encara ao gardameta, o seu disparo sae pegado á escuadra da portería.
M 14: centro ao área de Miguel Piñeiro que Brayan remata de bolea segundo cae, Pedro detén con algunha dificultade.
M 15: saque desde o curruncho do equipo local que Alberto de cabeza estrela no traveseiro.
M 19: centro chute de Rubén que se pasea pola área numantina sen atopar rematador.
M 21: internada pola banda dereita de Rubén, leva á defensa aresá, intérnase na área pero o seu disparo sae excesivamente alto.
M 25: forte disparo de Alberto desde a frontal da área que toca no traveseiro e márchase fóra.
M 33: saque en longo de Carlos, que prácticamente colga o balón na área local, os defensas non acertan a despexalo e Edu róuballes a carteira, encara a Pedro e báteo de tiro cruzado, 0 - 2.
M 35: centro desde o ángulo de corner do equipo local que remata Alberto segundo cae pero cruza excesivamente o esférico perdéndose pola liña de fondo.
2ª METADE:
M 46: pase medido de Antonio, entre dous defensas, sobre Edu que de tiro raso e cruzado volve bater a Pedro, 0 - 3.
M 65: disparo de Alejandro Seoane desde o pico da área que sae por encima do traveseiro.
M 70: balón que recolle Alejandro Seoane na semiluna da área aresá e de forte disparo bate a Carlos, 1 - 3.
M 77: saída desesperada do gardameta local ao que supera David de vaselina, Edu recolle o esférico e nun man a man co defensa valexo supérao e marca, o colexiado interpreta falta e anula o gol aos aresás.
M 79: gol de Brayan que o colexiado volve anular por posible fóra de xogo.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.