Inicio Noticias Cadetes Cadetes. Aspirantes, 3 - Numancia, 5
 
 

Cadetes. Aspirantes, 3 - Numancia, 5

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Aspirantes, 3 - Numancia, 5. Aneiros (Ferrol)O Numancia pasou apuros nun encontro que tiña baixo control.

Un partido, que a priori non debía presentar mayores dificultades para os de Ares, complicóuselles na segunda metade e o resultado foi algo incerto ata o asubio final.

 

 

Sábado, 19 de decembro do 2009.

14ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
ASPIRANTES, 3 – NUMANCIA, 5.
Alineacións:
ASPIRANTES: Manuel Cambeiro (Bruno Romero min. 70), Javier Varela, Cristián Fraga, Diego López (Diego Piñeiro min. 60), David Fandiño, Agustín Bellas, Brais Otero, Juan Fernández, Eloy Pita, Alberto Castro e Sergio Priegue,
NUMANCIA: Carlos, Pepe, Dani (Roque min. 41), Xaime, Adrián, Javi, Quique, Ricardo, Antonio (Edu min. 41), Brayan (Juan min. 61) e Miguel López (David min. 54).
COLEXIADO: Alejandro Miño Pico.
CARTÓNS:
Recibeu cartón amarelo Agustín Bellas polo Aspirantes.



COMENTARIO:
Nunha tarde asollada, aínda que cunha sensación térmica bastante fría, que se foi tornado gélida a medida que caía o sol, o Numancia disputou o primeiro partido de volta do presente campionato de liga fronte ao Aspirantes. No partido de ida en Prados Vellos o resultado fora de empate a catro.
Para este encontro os aresás recuperaban a Juan e Brayan.
Aceptable primeira metade dos aresás na que controlaron ao rival, xogaron o balón e crearon boas ocasións de gol. Só a falta de acerto dos dianteiros e a extraordinaria actuación do gardameta local impediron que subisen ao marcador. Ao descanso os equipos retiráronse aos vestiarios cun resultado de 1 - 2 a favor dos de Ares, curta vantaxe para o visto nesta primeira metade.
Na segunda metade os de Ares pronto puxeron terra de por medio, endosándolle en poucos minutos dous novos tantos ao rival que daban moita tranquilidade. Tal e como se estaba desenvolvendo o partido parecía que estaba baixo control, ademais, dispuxeran de boas ocasións para matar o encontro, e os ferroláns estaban prácticamente entregados. Cando todo parecía estar decantado do lado dos de Ares, o xogo entrou nunha dinámica farragosa e de faltas por parte de ámbolos dous equipos que obrigou ao adestrador aresá a realizar cambios. Os cambios descompensaron ao conxunto e éste terminou acusándoos. Os ferroláns comezaron a acosar a meta numantina, e en apenas tres minutos marcáronlles dous goles, este feito levantoulles os ánimos e viñeronse arriba. Cando a sombra do empate planeaba sobre o campo de Aneiros, un penalti cometido sobre Edu, a poucos minutos do final, que él mesmo se encargou de materializar trouxo a tranquilidade a bancada aresá.


MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 7: internada de Quique pola banda dereita, pase a Brayan que se planta na área, regatea ao gardameta pero o seu disparo a porta estrélase no lateral da rede.
M 10: roubo de balón de Brayan nos tres cuartos do campo do Aspirantes, conduce, intérnase na área regatea a dous defensas e o seu disparo a porta é desviado polo gardameta a corner. Bota o corner Quique e Brayan de cabeza envía ao fondo das mallas, 0 - 1.
M 18: internada de Brayan pola banda dereita, centro ao área que toca Ricardo de cabeza, o balón cae nos pés de Antonio que remata segundo cae pero o seu disparo cruzado márchase fóra por moi pouco.
M 39: balón rifado na área do Numancia que a defensa non acerta a despexar, o balón cae nos pés de Brais, o seu disparo é rexeitado por Carlos, o rexeite cae nos pés de Cristián que envía ao fondo das mallas 1 - 1. Apenas uns segundos duraría a alegría local. Saque de Quique do círculo central sobre Antonio, éste pon un balón ás costas da defensa ferrolá que recolle Miguel López en carreira, dribla ao gardameta e marca a porta baleira 1 - 2.
2ª METADE:
M 49: arrancada de Miguel López desde mediocampo, por velocidade gaña a área, encara ao gardameta e bateo de tiro raso 1 - 3.
M 55: contraataque de Brayan pola esquerda, deixa a Edu que se interna na área, nun man a man co gardameta, éste detén de espectacular estirada.
M 59: nova xogada de Brayan e Edu pola esquerda, Edu dispara e o balón é rexeitado polo gardameta, o rexeite recólleo Brayan, regatea ao porteiro e a un defensa e marca a porta baleira 1 - 4.
M 60: internada de David pola dereita que mete un pase medido sobre Edu, encara ao gardameta que aguanta ben a saída e rexeita o disparo do dianteiro aresá a corner. Quique saca desde o curruncho, Edu toca de cabeza, o balón cae nos pés de Ricardo, que só en boca de gol, inexplicablemente envía por encima do traveseiro.
M 66: libre directo do Aspirantes sobre a área aresá, Carlos dubida na súa saída, recolle o balón un dianteiro ferrolán, dispara e Carlos rexeita, o balón recolleo Diego Piñeiro para establecer o 2 - 4.
M 68: bonito gol do Aspirantes. Centro desde a dereita ao área numantina que controla Brais co peito, segundo cae golpea de extraordinaria bolea e coa o esférico por toda a escuadra aresá 3 - 4.
M 75: penalti sobre Edu, él mesmo encárgase de executar a pena máxima e establece o 3 - 5 definitivo.


Ao final do encontro pedimos a opinión de Fran:
Primeira metade na que se fósemos listo houbésemonos ido para o vestiario con tres ou catro goles de vantaxe, e na segunda saíriamos tranquilos a xogala. Non foi así, e fómonos cunha vantaxe moi curta. Na segunda metade conseguimos pronto unha vantaxe de 1 - 4, pero por non haber sabido manter o balón, e entrar na guerra destes equipos que adoitan quentar os encontros vinme obrigado, para protexer aos nosos xogadores, a realizar cambios. Complicóusenos o partido e puxémonos 3 - 4, aínda sendo superiores. Logo co penalti, 3 - 5 e a defender o resultado. Se xogásemos con cabeza non teriamos porque pasar estes apuros. Neste encontro botei en falla un pouco de forza e o querer ter a posesión do balón, como no partido contra o Eume.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.