Inicio Noticias Cadetes Cadetes. R.Neda, 0 - Numancia, 5
 
 

Cadetes. R.Neda, 0 - Numancia, 5

S.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. R.Neda, 0 - Numancia, 5. Municipal de NedaO Numancia venceu pero non convenceu.

 


Sábado, 14 de novembro do 2009.

9ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
R. NEDA, 0 – NUMANCIA, 5.

Alineacións:
R. NEDA: Víctor Novo, Bruno, David Leira (Francisco min. 55), Alejandro Rodríguez, Víctor Souto, Raúl (Oscar min. 62), Álvaro (David  Ferreño min. 73), Alejandro Mariño, Pablo, Javier (Jorge min. 67) e Alejandra (Diego min. 41).
NUMANCIA: Carlos, Xaime, Pepe, Brayan, Javi (Adrián min. 58), Ángel (Dani min. 67), Quique, Edu, Antonio (David, min. 55), Ricardo (Roque min. 67) e Miguel López.

COLEXIADO: Rubén Bugliot Fernández.

CARTÓNS:
Recibeu cartón amarelo Carlos do Numancia.

COMENTARIO:
O sábado puidose gozar dun entretido partido no Municipal de Neda entre o equipo local e o Numancia. Aínda que os aresáns levaron o peso do encontro, o seu fútbol non foi moi convincente, e houbo algúns xogadores que estiveron moi por debaixo do seu nivel de xogo habitual. Isto propicio que nalgunhas zonas do terreo de xogo o rival xogase con excesiva comodidade, creando algunhas ocasións de perigo de cara a gol, especialmente na primeira metade.
Na segunda metade o xogo dos aresás melloraría lixeiramente. Estiveron algo mellor colocados no terreo de xogo que sumado ao cansazo físico acusado polos xogadores locais permitiulles xogar máis cómodos e pasar menos apuros. Aínda que gozaron de bastantes ocasións de gol e foron os claros dominadores desta segunda metade, o seu xogo continuou sen ser fluido.
Na primeira media hora de xogo a balanza estivo bastante equilibrada e ningún dos dous conxuntos exerceu un domino claro. As primeiras ocasións de gol serían para o Neda, ámbalas dúas creadas por Alejandra, no minuto 7, que Pepe rexeitaría a corner e no minuto 9, que Javi salvaría baixos os paus.
No minuto 12 un pase en profundidade de Ángel ás costas dos defensas locais é controlado en carreira por Edu para batir por baixo a Víctor Novo e inaugurar o casilleiro aresán, 0 – 1.
No minuto 20, unha falta botada por Víctor Souto no pico da área vaise por moi pouco por riba da meta aresana.
Minuto 30, contragolpe do Numancia que inicia Quique en mediocampo, gana o lateral da área e o seu centro é rematado de cabeza por Edu ao traveseiro.
No minuto 32 chegaría o segundo gol para os de Ares. Un disparo de Ángel desde a frontal da área é rexeitado polo gardameta. O balón chega aos pés de Ricardo que dispara e o gardameta rexeita de novo. Quique aproveítao e envía ao fondo das mallas para establecer o 0 – 2. Resultado co que se chegaría ao descanso.
Xa na segunda metade, minuto 44, o Neda gozaría dunha boa oportunidade nas botas de Javier para acurtar distancias, penetra na área, regatea a Carlos na súa saída, pero o seu disparo sería desviado a corner por Pepe.
A replica dos aresáns viría das botas de Miguel López, no minuto 48, pero o seu forte disparo desde a media lúa, sería rexeitado por Víctor nunha espectacular intervención.
No minuto 56, de novo Miguel López, nesta ocasión, colga un centro que se pasea pola área local sen encontrar rematador. E no 57, Edu dispara desde fóra da área e o gardameta envía de novo a corner noutra boa intervención.
Minuto 61, contragolpe de Ricardo que se interna na área e dispara, rexeitando o gardameta. O balón cae nos pés de Miguel López que de forte disparo bate a Víctor, 0 – 3.
Minuto 68, xogada de Quique no bordo da área, pasa a Edu que regatea ao seu marcador e de tiro cruzado establece o 0 – 4.
No minuto 72, un disparo de Pepe é detido polo gardameta local con moitos apuros. E no 76, de novo Pepe, en xogada individual pola banda esquerda gana a liña de fondo e o seu centro á área é aproveitado por Dani Cartelle libre de marca para establecer o 0 – 5.
No minuto 78, e xa có encontro prácticamente rematado, Alejandro Mariño en xogada individual dispón dunha claríma ocasión para marcar o gol da honra. Regatea aos defensas, quedase só ante Carlos que aguanta a saída e deténlle o disparo por baixo de espectacular parada.
 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.