Inicio Noticias Cadetes Cadetes. Numancia, 1 - Cedeira,3
 
 

Cadetes. Numancia, 1 - Cedeira,3

S.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Numancia, 1 - Cedeira, 3. Prados Vellos. O equipo das segundas metades.

Sábado, 7 de novembro do 2009.

8ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
NUMANCIA, 1 – CEDEIRA 3.

Alineacións:
NUMANCIA: Carlos, Xaime, Pepe, Brayan, Juan (Ricardo, min. 76), Ángel, Adrián (Dani min. 46), Quique, Edu, Antonio, e Javier (David min. 67).
CEDEIRA: Juan, Andrés, Oscar, Mattnew (Fernando min. 41), Daniel Rodríguez, Manuel (Javier García min. 58), Jorge, Antonio, Javier Rodríguez, Alejandro e Daniel Bellas

COLEXIADO: Alejandro Amigo López.

TARXETAS:
Recibiron cartón amarelo Ángel e Carlos do Numancia.

COMENTARIO:
O sábado en Prados Vellos enfrontáronse o Numancia, oitavo clasificado, contra o Cedeira, segundo da táboa, e un dos firmes candidatos ao título de liga a teor dos resultados que obtivo ata a data. A tarde presaxiabase que ía ser chuviosa, pero ao final a auga deunos un respiro e apenas caeron un par de chuvascos pequenos. O que non faltou á cita foi o frío.
O encontro estivo moi entretido e cada equipo dispuxo de corenta minutos nos que fixo valer o seu xogo. A primeira metade dos aresás, para esquecer, foi tan mala, que deu a impresión que os visitantes eran uns galácticos. Os locais foron materialmente varridos do terreo de xogo. Abonda dicir que nin en unha soa ocasión efectuaron un disparo entre os tres paus. Pola contra os cedeirenses, cun xogo ordenado, ao toque, sen precipitacións e querendo o balón foron os dominadores claros desta primeira metade. Malia o dominio do xogo e territorial dos visitantes os aresáns soamente encaixaron un tanto. Tanto que chegaría no minuto 17 por medio de Javier que consegue facerse cun pase en profundidade ás costas dos defensas e bater por baixo a Carlos, 0 – 1.
O segundo gol do Cedeira chegaría apenas iniciada a segunda metade. Corría o minuto 5, corner a favor que colgan no punto de penalti e Alejandro envía o esférico ao fondo das mallas, 0 – 2.
Cando todo presaxiaba que os numantinos se ían vir abaixo, e máis despois dos visto na primeira metade. Sucedeu todo o contrario, os aresás cun xogo directo e ao contraataque, sorprenderon a un Cedeira que en moitas fases deste segundo tempo non soubo nin puido desembarazarse do dominio local.
Os aresáns gozarían de tres claras ocasións de gol para acurtar distancias, nas botas de Edu (min. 55), Brayan (min. 60) e Javier (min. 62). En plena euforia e dominio local, sería o Cedeira o que faría subir un novo tanto ao marcador, por medio de Antonio ao executar un perfecto e precioso lanzamento de libre directo dende o pico da área que sorprende por alto al Carlos, para establecer o 0 – 3, cando corría o minuto 64.
Un minuto despois contraataque dos numantinos, Edu recolle un rexeitamento no bordo da área pequena e bate por baixo a Juan, 1 – 3. No minuto 70 os aresáns volverían gozar doutra ocasión por medio de David, pero o seu disparo sería enviado a corner polo gardameta visitante.
O marcador non se volvería mover e o Cedeira levaríase os tres puntos. Aínda que para facer xustiza, ben é certo, que os aresás mereceron algo máis, polo dominio e as ocasións creadas na segunda metade, e aínda que non desenvolveron un fútbol moi vistoso, se foron superiores aos visitantes. Pero así é o fútbol, e a este Numancia pásalle últimamente con bastante frecuencia, é un equipo negado de cara a gol, crea moitas ocasións, pero materializa poucas, e ao final acaban pasándolle factura. E xa se sabe, se non matas o partido, o máis seguro é que remates perdéndoo.
Outra das facetas que debe cambiar este conxunto é a actitude de saída ao terreo de xogo. A teor do visto nos encontros disputados ata a data, permite xogar con excesiva comodidade aos seus rivais e logo hai que remontar. Máis parece un equipo de segundas que de primeiras metades.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.