Inicio Noticias Cadetes Cadetes: Narón, 1 - Numancia, 9
 
 

Cadetes: Narón, 1 - Numancia, 9

S.D.R. Numancia de Ares. CXadetes 2009-2010. Narón, 1 - Numancia 9. CadavalGoleada do Numancia

Moi bo partido o disputado o sábado polo equipo de cadetes do Numancia en O Cadaval fronte ao Narón onde os aresáns lle propinaron un severo castigo aos locais. Ata en seis ocasións, Edu, chegou a bater o gardameta narones, completando a goleada Ángel, Miguel e Brayan cun tanto cada un.

 

 

Sábado, 26 de setembro do 2009.

NARON, 1 - NUMANCIA, 9.

ALINEACIÓNS:
NARÓN: Iván, Fabregas, (Juan, min 50), Adrián (Álvaro, min 55), Willian, Óscar, Borja, Miguel, David, Mario, Marcos (David, min 41), Raúl (Noel, min 41).
NUMANCIA: Carlos, Xaime (Cartelle, min 56), Adrián, Brayan, Juan (Ricardo, min 60), Miguel Piñeiro, Javi, Ángel, Pepe, Antonio (David, min 49), Edu.

ÁRBITRO: Brais Ferreiro Verez.


COMENTARIO:
Moi bo partido o disputado o sábado polo equipo de cadetes do Numancia en O Cadaval fronte ao Narón onde os aresáns lle propinaron un severo castigo aos locais. Ata en seis ocasións, Edu, chegou a bater o gardameta narones, completando a goleada Ángel, Miguel e Brayan cun tanto cada un.
O encontro estivo controlado de principio a fin polos de Ares e pouco deixaron xogar aos naroneses que en contadas ocasións chegaron a intimidar a meta visitante. Nos primeiros vinte minutos de xogo os locais contiveron ben o dominio dos numantinos, que chegaban á área con bastante facilidade pero non conseguían materializar as ocasións. Foi a partir do minuto vinte cando os goles comezaron a caer do lado dos de Ares, que se viñeron arriba e romperon o partido. Marchando aos vestiarios cun tenteo de 1 – 4.
Na segunda metade os aresáns moito máis metidos no encontro e co marcador a favor despregaron os seus mellores momentos e a afección aresana desprazada a O Cadaval puido gozar de corenta minutos apaixoantes.
Malia o dominio dos de Ares o primeiro gol non chegaría ata o minuto vinte por medio dun penalti cometido sobre Edu. Él mesmo executa a pena máxima enviando o balón ao pau, recolle o rexeite e marca 0 – 1.
Minuto 25, vaselina de Edu que supera o gardameta, 0 – 2.
Minuto 31, un despiste defensivo dos aresáns propicia que Miguel controle o balón ás costas da defensa visitante para bater por baixo a Carlos e acurtar distancias, 1 – 2.
Pouco lle duraría a alegría aos locais, pois catro minutos máis tarde, Edu pelexa e rouba un balón na frontal da área, encara e regatea o gardameta para marcar a porta baleira o 1 – 3.
Coa primeira metade prácticamente rematada, minuto 40, corner a favor do Numancia que executa Miguel, fórmase un barullo na área do que se beneficia Edu para marcar o 1 – 4 e marchar aos vestiarios.
Minuto 46, espectacular disparo de Ángel dende trinta metros que se cola por toda a escuadra, 1 – 5.
Minuto 53, contraataque dos aresáns levado por Pepe que fai unha deixada perfecta ao bordo da área para que Edu que vén en carreira empale ao fondo das mallas, 1 – 6.
Minuto 57, libre directo no pico da área que Miguel Piñeiro executa maxistralmente, 1 – 7.
Minuto 65, balón roubado por Brayan no circulo central que de espectacular cabalgada, deixando a todos atrás, se planta na área para bater o gardameta por baixo, 1 – 8.
Minuto 75, centro de Ángel ao punto de penalti, indecisión na defensa para despexar o esférico que é aproveitado por Edu para establecer o 1 – 9 definitivo.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.