Inicio Noticias Cadetes Cadetes: Numancia, 4 - Aspirantes, 4
 
 

Cadetes: Numancia, 4 - Aspirantes, 4

Dúas caras.

Dúas caras, unha nefasta, a que ofreceron os aresáns na primeira metade; outra, soberbia, impresionante, a que ofreceron na segunda.

 

Sábado, 19 de setembro do 2010.

CATEGORIA de CADETES
NUMANCIA, 4 - ASPIRANTES, 4.

ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Carlos, Juan (Cartelle, min 67), Adrián, Xaime, Roque (David, min 27), Ángel, Antonio, Miguel (Sergio, min 56), Ricardo, Javier, Edu.
ASPIRANTES: Bruno (Manuel, min 65), Cristián, Agustín, Javier (Sergio, min 66), David, Alberto (Alejandro, min 69), Brais, Juan, Eloy, Ismael (Cesar, min 60), Jose (Sergio, min 41).
ARBITRO: Juan J. Pita Fragoso.

TARXETAS:
Recibiron tarxetas amarelas Juan do Numancia e David do Aspirantes.

COMENTARIO:
Dúas caras, unha nefasta, a que ofreceron os aresáns na primeira metade; outra, soberbia, impresionante, a que ofreceron na segunda.
Pésima, mellor, nefasta, primeira metade dos aresáns cun equipo apático e descolocado, cometendo grandas erros en medio campo e defensa que permitiron ao rival xogar a pracer, e na que só as intervencións de "San Carlos" salvaron os mobles.
O equipo marchou aos vestiarios, e só eles saben o que alí aconteceu, pero o certo é que os aresáns xogaron unha segunda metade soberbia na que arrasaron o rival e na que só a falta de puntaría dos dianteiros evitaron unha goleada.
Aos catro minutos de xogo unha pérdida de balón en medio campo propicia un rápido contraataque do Aspirantes, tres contra un, Brais queda só ante Carlos e báteo de tiro cruzado e axustado ao pau, 0 – 1.
No minuto 9, unha rápida internada pola banda que a defensa non é capaz de repeler, remata nas botas de David que bate de novo a Carlos, 0 – 2.
No minuto 22, o Numancia acurta distancias, falta no círculo central que executa Ángel sobre Edu, este controla no bordo da área, encara a portería, o gardameta sae baixo os paus e cólalla de espectacular vaselina, 1 – 2.
Catro minutos máis tarde, forte disparo dende fóra da área, Carlos non pode blocar o esférico e o rexeite é aproveitado por Eloy, ante a pasividade da defensa aresá, para establecer o 1 – 3.
Coa primeira metade prácticamente rematada, minuto 39, saque en longo de Carlos que colga o balón na área do Aspirantes, Edu faise co esférico, regatea a dous defensas e queda só ante o gardameta ao que bate dun disparo a media altura para irnos aos vestiarios cun 2 – 3 no marcador.
Aos cinco minutos de iniciada a segunda metade internada pola banda de Miguel, centro ao punto de penalti sobre Edu quen controla de costas á meta, dáse media volta e golpea de volea, 3 – 3.
No minuto 55 nunha xogada similar á que deu orixe ao segundo gol dos aresáns, estes por medio de Edu, póñense por diante no marcador, 4 – 3.
No minuto 70, man a man de Edu cun defensa na área, faise co balón e bate o gardameta. O árbitro interpreta unha falta inexistente e anula o tanto aos aresáns.
Minuto 75, o Aspirantes bota un corner, golpea o balón en Eloy e cólase na portería aresana, 4 – 4.
Minuto 77, gol anulado aos numantinos por posible fóra de xogo de Antonio.
Ao final un empate que sabe a derrota a teor de como se desenvolveron os acontecementos especialmente na segunda metade.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.