Inicio Noticias Afeccionados 2ª AUTONÓMICA. TORNEO PICAS – I MEMORIAL PEDRO GARCÍA: NUMANCIA, 1 – MUGARDOS B, 2
 
 

2ª AUTONÓMICA. TORNEO PICAS – I MEMORIAL PEDRO GARCÍA: NUMANCIA, 1 – MUGARDOS B, 2

NUMANCIA SDR. TORNEO PICAS I MEMORIAL PEDRO GARCÍAJUAN ALBERTO: "NON ME GUSTOU QUE O RIVAL NOS SUPERARA EN ACTITUDE"

O Mugardos B conseguiu este trofeo tras unha vitoria traballada e moi pelexada por dous goles a un contra un Numancia que defraudou.  

Juan Alberto, adestrador do Numancia comentou o partido: “ Nos primeiros minutos fomos capaces de facer o xogo que tiñamos pensado, saíndo desde atrás en xogo combinativo. Eles non acertaron na presión nos primeiros minutos. Porén, a partir do m. 15 cando conseguimos adiantarnos no marcador, organizáronse ben na presión e nós caemos na trampa de querer saír xogando sempre desde atrás, desde os laterais. O Mugardos, ben colocado e cunha actitude moi boa, de moito sacrificio, sen ningún alarde técnico importante, senón a base de físico, provocou moitas perdas de balón nas nosas saídas. Isto creounos certa desesperación ademais fixaron unhas marcas férreas sobre Manu e Borja, especialmente, que impediron que chegasen balóns claros aos nosos dianteiros. Caemos na trampa de combinar en exceso, cando eles estaban moi ben plantados no campo. Logo, os goles que nos marcan son evitables: o empate vén dun balón longo que dá pé a unha indecisión entre García e Iván; e o segundo gol vén dun balón que parecía que se ía, pero esas gañas, ese esforzo, ese estar metido no partido fixo que chegara a un balón imposible que foi dar no traveseiro e permitiu o remate fácil do compañeiro.

         Na segunda parte xa houbo moitos cambios polas dúas partes e o xogo estivo parado en moitas ocasións. Nós despistámonos en protestas nas que non debemos caer nun partido de pretemporada. Esa falta de ritmo non permitiu que nos meteramos no partido. Tivemos algunha ocasión máis produto de “arreóns” ca do xogo pero a gran actuación do seu porteiro e tamén o infortunio nalgún remate claro fixeron que eles se levaran o partido merecidamente. Nós temos que poñernos as pilas e pensar que esta presión que tivemos a imos atopar en moitos campos, sobre todo en campos pequenos, co aliciente de que este ano o Numancia se reforzou e resulta un rival moi atractivo para facer un bo partido contra el”. 

Esta foi a alineación do Numancia no partido deste domingo: Iván (Sergio); Costa (Bule), García, Pedro, David (Jesús); Julio (Rubén Allegue), Teti, Borja (Javi), Zeta (Dani); Manu e Pedro.

O gol do Numancia foi materializado por Borja de penalti.

Aproveitamos esta ocasión para interrogar a Juan acerca desta pretemporada: “Esta resultando unha das pretemporadas máis estrañas porque, de inicio, contamos cun plantel duns 29 xogadores mais temos moita enfermería motivada por problemas non unicamente futbolísticos, coma p.ex. Rubén cun quiste no empeine, Vicente, Jose que está de baixa, Manu, Jauma, Oliveira, ... está sendo moi accidentada, nunca se xuntaran tantas circunstancias adversas. Aínda así, a sensación é positiva. Posiblemente sexa a pretemporada na que máis balóns metimos, foi unha aposta miña dadas as incorporacións, xa que canto máis xogo e balón haxa, máis rápida é a integración destes xogadores no equipo”.

            Seguidamente, analiza os partidos disputados: “Contra o Meirás unha primeira parte moi boa e unha segunda parte que non foi mala a pesar de que nos meteron tres goles. En Maniños continuamos con esta tónica: unha primeira parte contra o Eume moi boa, cunha circulación de balón moi rápida, creando ocasións. Na segunda parte baixamos un pouco o nivel. E logo, contra o Maniños en liñas xerais un nivel parello entre as dúas partes, satisfeitos polas ocasións creadas. Tal vez faltou un pouco de intensidade na segunda parte  motivada pola polémica entre o banquiño local e a arbitraxe”.

            Sobre as novas incorporacións comenta: “Temos que conseguir que aporten máis. Contamos con dous dianteiros con moita capacidade de gol e, en consecuencia, temos que conseguir que o balón chegue en máis ocasións á área. Neste último partido contra o Mugardos B era a presentación conxunta de Manu, Pedro, Óscar, Iván e Michi, cinco xogadores que non estaban a temporada anterior e que este domingo se estreaban no trofeo de homenaxe a Pedro. O equipo non estivo a bo nivel e isto é un toque de atención importante e a tempo. Non me gustou que o equipo rival nos superara en actitude, en entrega e esforzo. O partido do próximo sábado contra o Caranza nos vai permitir realizar probas, xogaremos con dous dianteiros, darémoslles máis minutos a aqueles que mías o necesitan

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.