Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - SAN SADURNIÑO, 0.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - SAN SADURNIÑO, 0.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2011-2012. Numancia 1 - san Sadurniño 0. Prados Vellos 01/04/12.O MELLOR OS TRES PUNTOS.

Partido para gardar na hemeroteca das películas malas.

 

Ares 1 de abril de 2012.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Martín, Cesar, Costa, Teti, Alex García, Manu, Jesús (Iván 79´), Carlos Barcia (Javi 16´), Brayan (Rubén 68´) e Javi Enrique.

Adestrador: Marcelino Martínez. Delegado: José Hermida.

SAN SADURNIÑO: Amaro, Ángel (Alex 71´), Pedreira, Ferreira, Antonio, Miguel (Melo 60´), Álvaro (Carba 60´), Dani, Aarón (Alejo 60´), Fer (Cris 78´) e Marco.

Adestrador: Jesús Fajardo. Delegado: Alberto García.

COLEXIADO: José Luís Corral Franco. Amoestou a Alex García, Carlos Barcia, Javi e Ivan polo Numancia. Polo Sansa foron amoestados Ángel, Antonio, Miguel e Carba.

GOLES: Javi para o Numancia.

Partido trabado, moi protestado, bronco, de pouco fútbol, por non dicir de ningún, e de continuos paróns, propiciados pola continuidade e reiteración das faltas, esta foi a tónica xeral ao longo de todo o encontro. Este podería ser o resumo do partido que nos ofreceron Numancia e Sansa nesta soleada tarde de domingo en Prados Vellos. Tarde que os porteiros de ambos os dous equipos aproveitaron para tomar o sol, ante a pouca efectividad ofensiva dos dous equipos.

Nada se pode contar, nin destacar do partido, posto que ningún dos dous equipos se fixo merecedor dos tres puntos. Pero no fútbol como o que contan son os goles, o de Javi, de penalti no minuto corenta de xogo, foi valido para que os de Ares se adxudicasen a vitoria.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.