Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - NARON "B", 1.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - NARON "B", 1.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2011-2012. Numancia 4 - Narón OS ARESANOS RESOLVEN NO TRAMO FINAL.

Incerteza ata o final nun partido no que o Numancia dispuxo de varias oportunidades para deixar resolto o encontro pero estivo desafortunado na definición e algo falto de sorte.


Prados Vellos 5 de febreiro de 2012.

ALINIACIONS:

NUMANCIA: Carlos Arnoso Martín, Costa (Jauma 68´), Bule, Teti, Rubén, Jorge, Javi Enrique (Iván 57´), Carlos Barcia (Brayan 62´),  Javi (Juan Escudero 78´) e Manu (Jesús 87´).

NARON “B”: Rubén, Adrián, Javi, Leira, Vázquez (Marlón 30´), Michel, Aarón, Oscar Rodríguez, Ícaro, Koki e Oscar Gómez.

COLEXIADO: D. Alejandro Méndez Bouza. Amoestou a Costa, Rubén e Javi Enrique polo Numancia e a Leira e Michel polo Narón “B”.

GOLES:

1 – 0: Carlos Barcia (min. 2).
2 – 0: Javi (min. 47).
2 – 1: Ícaro (min. 63).
3 – 1: Manu (min 82).
4 – 1: Brayan (min. 93).

Antes de dar comezo o partido fíxose entrega do Trofeo Murillo Viteri ao xogador máis regular do mes de xaneiro, nesta ocasión o agraciado foi o dianteiro Manu. Fixo entrega do premio Manel Pérez representante da adega Murillo para a zona de ferrolterra. Dende aquí reiteramos unha vez máis os nosos parabéns ao xoven dianteiro aresán.

 

Numancia de Ares ADR. MANU recibindo o Trofeo Murillo Viteri.Numancia de Ares ADR. MANU recibindo o Trofeo Murillo Viteri.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



Presentábase o Narón "B" moi condicionado para esta partido fronte os aresanos, no banco tan só un cambio. As lesións e as baixas decimaron unha curta plantilla que obrigou o mister narones a completala con xogadores do equipo xuvenil. No que respecta aos aresanos tampouco están para tirar foguetes, pois os compromisos laborais obrigaron algúns xogadores a abandonar a disciplina do club, polo que tamén teñen que tirar da canteira. O positívo para os de Ares, o regreso de Jorge que volve á titularidade despois de varios meses de ausencia por lesión.

Con estas premisas e nunha tarde pasada por auga, que aínda así non restou unha boa afluencia de afeccionados en Prados Vellos, dispuxémonos para disfrutar deste encontro vital para ambos os dous equipos. O Numancia para seguir ocupando postos da parte alta da táboa e os naroneses para non seguir en progresión de descenso nela.

Comezaba moi ben o partido para os de Ares, pois ao minuto e medio do seu inicio unha xogada por banda de Javi Enrique con centro ao corazón da área é remata por Carlos Barcia de cabeza ao fondo da rede, 1 - 0. Nos seguintes dez minutos disporía o Numancia de dúas novas ocasións, un remate de cabeza de Rubén no minuto cinco, e no nove, unha falta lateral de Manu, pero encontraríanse con dúas boas intervencións do gardameta visitante. Pintaba ben o partido para os de Ares, tiñan o control da pelota e creaban perigo, pasándoo mal o Narón. A medida que corrían os minutos o partido foise durmindo un pouco e foise perdendo o ritmo. Os de Ares tocaban o balón e chegaban con máis claridade á área visitante pero non definían, mentres que o Narón aproveitaba a velocidade dos seus dianteiros á contra pero non creaban perigo. Moito centrocampismo e erros no control do balón serían as características principais ata o descaso ao que se chegaría con vantaxe do Numancia por 1 - 0.

A segunda metade non podía comezar mellor para o conxunto aresán, no minuto corenta e sete o colexiado sinala penalti por man de Leira no área. Javi lanza a pena máxima e fai subir ao marcador o segundo para os de Ares, 2 - 0. O Narón non se veu abaixo e continuou metido no partido, máis se cabe que na primeira metade. Botaron o resto e comezaron a ter as súas oportunidades ante a relaxación do conxunto aresano. Deron varios avisos, víase máis incisivo o Narón e no ambiente palpábase o gol. Este chegaría no minuto sesenta e tres ao saque dunha falta lateral que Ícaro peina ao fondo da rede (2 - 1). O Narón veuse arriba, vían as súas posibilidades, polo que o Numancia comezou a mover o banco e pouco a pouco foi retomando de novo o control da pelota. A medida que foron pasando os minutos e sobre todo no tramo final do partido o cansazo pasou factura ao conxunto narones que se viu superado pola frescura dos xogadores do Numancia que entraran de refresco, entre eles varios xuvenís. Non tardarían en chegar de novo as ocasións para os de Ares pero faltáballes definición e sorte. Non sería ata o minuto oitenta e dous cando Manu rouba un balón no semicírculo da área, internase pola esquerda levándose a dous defensas e de disparo cruzado marca o gol da tranquilidade para a parroquia numantina, 3 - 1. Gol merecido e que tería que ter chegado moito minutos antes posto que o Numancia fixera méritos máis que suficientes para iso. E xa no tempo engadido Brayan en xogada individual por banda esquerda alcanza a área e de disparo cruzado marca o cuarto tanto aresano, un xusto premio ao traballo do zapaz no día de hoxe.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.