Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. R. DE NEDA, 2 - NUMANCIA, 2.
 
 

AFECCIONADOS. R. DE NEDA, 2 - NUMANCIA, 2.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2011-2012. R. de Neda 2 - Numancia 2. Municipal de Neda 29/01/12.O MELLOR O PUNTO DO EMPATE.

Un Numancia rácano en canto a xogo e que non deu entrado no partido arrancou un valioso empate no Municipal de Neda.


Neda 29 de xaneiro de 2012.

ALINIACIONS:

R. DE NEDA: Rubén, Jonathan, Miguel, Abel, Bruno (Iván 86´), Josiño, Arturo, Eric, Cocheli, Beni e Santi (Xabi 61´).

NUMANCIA: Carlos, Bule, Martín, Jauma (Costa 73´), Teti, Alex García, Javi Enrique, Manu (Javi 63´), Carlos (Brayan 71´), Jesús (Iván 80´) e Rubén (Cesar 89´).

COLEXIADO: Juan Orozco Corredoira. Amoestou a Josiño polo Neda e a Alex García e Fran (adestrador) polo Numancia.

GOLES:
0 – 1: Rubén (min. 32).
1 – 1: Josiño (min. 58).
2 – 1: Beni (min. 65).
2 – 2: Javi (min. 73).

 



Un Numancia pouco incisivo e con pouca intensidade de xogo viuse superado con facilidade por un Neda con máis garra, máis pundonor e moito máis metido no partido. Os de Ares en todo o partido tiveron a posesión do balón durante vinte minutos, o resto estivo a mercé dun rival moito máis loitador e con máis pegada, aínda que moi precipitado.

Comezaba o partido cuns primeiros quince minutos de dominio local, e nos que o Neda dispuxo de dúas claras ocasións que non aproveitou para porse por diante no marcador. Aos poucos os aresanos foron asentándose no terreo de xogo e pasaron a ter o control do balón, aínda que sen crear moito perigo. No minuto trinta e dous chegaría o primeiro remate claro a porta e o primeiro gol visitante, o seu autor sería Rubén ao rematar de cabeza un saque de esquina. Un gol con suspense pois o porteiro local empuxa o balón fora unha vez que sobrepasara a liña de meta, pero que o colexiado ben colocado apreciou con claridade. Os de Ares púñanse por diante no marcador ante os lamentos dun Neda que se laiaba de non aproveitar as súas oportunidades. O Numancia tivo controlado o partido ata o descanso no que foron os mellores minutos dos aresáns. Os locais continuaron empuxando sobre a área visitante con balóns en profundidade e por banda, pero o marcador non se movería, polo que marcharíamos ao descanso con 0 - 1 a favor do Numancia.

A segunda metade foi totalmente diferente, só existiu un equipo no campo, o Neda. Os locais saíron a polo partido desde o primeiro minuto nun derroche de poderío físico e loitando cada balón coma se fose o último, aínda que as présas e as precipitacións, tanto en xogadas, como en disparos a porta propiciaban que en numerosas ocasións o balón non alcanzase o seu obxectivo. O Numancia nesta segunda metade foi á deriva, vimos un equipo carente de ideas en ataque e que tivo moito traballo en tarefas defensivas afogados polo empuxe do rival. Froito da garra e pundonor dos locais chegaríalles o empate no minuto cincuenta e oito nun balón colgado ao segundo pau que Josiño baixa con moito oficio, intérnase na área e de disparo cruzado bate a Carlos 1 - 1. E no minuto sesenta e cinco, á saída dun córner, Beni adiántase a toda a defensa aresá e envía de cabeza ao fondo da rede, 2 - 1. Non sería ata mediada a segunda metade, e con xogadores de refresco, cando os de Ares conseguirían desembarazarse da presión do rival e levar algo de perigo á meta defendida por Rubén. Nunha desas chegadas, cando corría o minuto setenta e tres, Javi é derrubado na área e o colexiado sinala a pena máxima. O propio Javi encárgase de transformar o penalti empatando o partido. Os minutos finais foron un acoso e derribo, os nedenses, moito máis enteiros e máis metidos no partido botaron o resto e continuaron levando perigo ao área do Numancia. Pero as ideas non estaban de todo claras e con máis corazón que cabeza, pecaron de moita precipitación polo que o marcador permanecería inamovible. Finamente os de Ares suman un punto importante nun partido no que o pasaron bastante mal.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.