Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA 3 - ORTIGUEIRA, 4.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA 3 - ORTIGUEIRA, 4.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. Numancia 3 - Ortigueira 4. Prados Vellos 08/01/12.VITORIA IN EXTREMIS DO EQUIPO ORTEGANO
As baixas no equipo aresán condicionaron un encontro complicado ante o Ortigueira, en xogo tres importantes puntos para ambos os dous equipos para así poder manterse na zona alta da clasificación.


Ares 8 de xaneiro de 2012.

ALIÑACIONS:
NUMANCIA: Carlos Arnoso, Cesar, Martin (Álvaro 46´), Costa, Teti, Sylla (Rubén 46´), Manu, Javi (Juan 65´), Carlos Barcia, Jesús (Brayan 80´) e Javi Enrique.

ORTIGUEIRA: Roberto, Ares, Breijo (Armada 61´), Camilo, Moreno, Javi, Simón, Borja (Rodrigo 46´), Chispi (Aitor 81´), Polo e Borjita (David 91´).

COLEXIADO: Fernando Caruncho Paz. Amoestou a Cesar, Javi, Sylla, Manu e Javi Enrique polo Numancia.

GOLES:
0 – 1: Roberto 18´.
0 – 2: Polo 35´.
1 – 2: Manu 44´.
2 – 2: Manu 52´.
2 – 3: Breijo 58´.
3 – 3: Jesús 60´.
3 – 4: Borjita 88´.

 



Unha plantilla minguada por lesións, sancións e baixas por compromisos laborais obrigaron a Fran e Marcelino a tirar do equipo xuvenil para completar o equipo que se enfrontaría ao Ortigueira. Ata cinco xuvenís, dous deles habituais, e tres incorporacións foron o total de novos xogadores convocados para este choque.

Antes de dar comezo o partido, Teti, centrocampista do equipo aresán, recibía o Trofeo Murillo Viteri como xogador máis regular do mes de decembro. Facia a entrega do mesmo Manel Pérez como representante da adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra.

Encontro no que o equipo aresano foi a remolque do Ortigueira tanto no terreo de xogo coma no marcador. Na primeira metade o equipo local comezou ben e durante os primeiros minutos foron superiores aos orteganos dispoñendo dalgunha ocasión para poñerse por diante no marcador que non aproveitaron. No minuto 18 chegaría o primeiro tanto visitante facilitado pola falta de atención dos aresáns. Roberto realiza un forte saque de portería que gaña as costas da zaga numantina que non está atenta, Chispi faise co balón e en solitario encara a Carlos para batelo por baixo 0 - 1. Este tanto fixo moito dano aos aresáns que perderon fol e deulle máis confianza aos orteganos, que a medida que transcorreron os minutos foron asentándose no terreo de xogo e pasaron a dominar o partido. No minuto 35, Polo de forte disparo cruzado dende o bordo da área marca o segundo para o Ortigueira. Os de Ares non estaban a realizar un bo partido e iso pasoulles factura. Antes do descanso Manu acurta distancias para os de Ares ao rematar unha falta lateral preto do segundo pau. Este gol maquillou un pouco a mala primeira metade dos locais. Co 1 - 2 no marcador marchamos ao descanso.

A segunda metade foi totalmente diferente. Foi unha segunda metade moito máis igualada, con moito máis ritmo e con moitas ocasións de gol para ambos os dous equipos. Puidemos ver un Numancia moito máis metido no partido, con máis garra e as ideas máis claras, volvendo levar de novo o peso do partido nos primeiros minutos. Froito diso chegaría o empate nunha pillería de Manu ao que lle chega un balón que perde o equipo ortegano no centro do campo, o dianteiro aresán ve a Roberto moi adiantado e bateo dende o círculo central. Corría o minuto 52 e os de Ares igualaban a contenda. No minuto 58, un fallo de marcaxe permite a Breijo rematar sen oposición ao fondo da rede un córner botado polos visitantes, 2 - 3. De novo o Ortigueira por diante. E dous minutos despois, volven empatar os de Ares tamén á saída dun córner, o balón despois de varios disparos e rexeitamentos dentro da área, finalmente chega a Jesús quen marca a porta baleira 3 - 3. De aquí ata o final, o partido foi unha carreira contra-reloxo, sucedéndose as ocasións nunha e outra portaría. Quizais os orteganos coas ideas máis claras en ataque tiveron algunhas máis que os numantinos. Pero os de Ares non renunciaron a nada e á contra tamén dispuxeron das súas ocasións, que ben puideron decantar o marcador no seu favor, pero non houbo acerto na definición. Finalmente e co partido prácticamente rematado foron os de Ortegal os que estiveron máis acertados, e no minuto 88, nun centro ao segundo pau que recolle Borjita, cruza o seu disparo e marca o gol da vitoria visitante.

En resumo, non foi un partido moi brillante dos de Ares que, a pesar de xogar cun equipo minguado e descompensado pola baixas, en ningún momento deixaron de loitar polos tres puntos ante un conxunto rochoso e fisicamente potente. Finalmente a vitoria levóusea xustamente un equipo visitante que estivo unha marcha máis por enriba dos aresáns.

Queremos aproveitar esta crónica para mandarlle un forte abrazo a Zeta e a Pedro Machado, os cales por motivos laborais tiveron que deixar a disciplina do club e marchar a terras afastadas de Galicia. Dende aquí desexámosvos que teñades sorte na vosa nova andaina e sabede que sempre teredes aquí a vosa casa. Ata cando quierades.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.