Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. VALDOVIÑO, 2 - NUMANCIA, 5.
 
 

AFECCIONADOS. VALDOVIÑO, 2 - NUMANCIA, 5.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. Valdoviño 2 - Numancia 5. Mourente 04/12/11MAIS APUROS DOS NECESARIOS.

Os de Ares perdoaron na primeira metade e tiveron que sufrir na segunda ata que na recta final mataron o partido.

 


Mourente (Valdoviño) 4 de decembro de 2011.

ALINIACIONES:

VALDOVIÑO: Simón, Steven, Pablo, José Ramón, Rubén, Alberto, Alfonso (David 46´), Ángel (Pena 46´), Felipe, Bruno e Luís (Carlos Alberto 69´).

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Martín, Pedro Machado, Bule, Cesar (Costa 72´), Teti, Zeta, Jorge (Rubén 63´), Manu (Borja 83´), Javi (Jesús 78´) e Carlos Barcia (Javi Enrique 60´).

COLEXIADO: D. José M. Belizón Flores (Delegación de Ferrol). Sen amoestacións.

Valoracións do propio colexiado no acta arbitral “Partido en condicións meteorolóxicas adversas, mal estado do terreo de xogo e un impecable comportamento de xogadores e técnicos de ámbolos dous equipos, colaborando no bo desenvolvemento do encontró”.

GOLES:

0 – 1 Pedro Machado (min. 2).
0 – 2: Javi (min. 33).
1 – 2: Felipe (min. 39).
2 – 2: Alfonso (min. 55).
2 – 3: Zeta (min. 61).
2 – 4: Rubén (min. 90).
2 – 5: Javi Enrique (min. 94).

Mal estado do terreo de xogo, cun céspede moi pisado, especialmente as áreas e o medio campo, e moi brando por mor da auga caída os días anteriores ao partido e que dificultou o control do balón, e nalgunhas ocasións a estabilidade dos xogadores.

Primeira metade con clara superioridade do equipo aresán  que lle perdoou a vida ao Valdoviño e ao final tivo que sufrir nos minutos finais deste primeiro período. Moi pronto se lle puñan as cousas de cara ao Numancia, pois ao minuto e medio de xogo, Pedro Machado remataba de cabeza ao fondo da rede un córner botado polos de Ares, 0 – 1. Os numantinos tomaron as rendas do partido e foron claros dominadores do balón. Dispuxeron os de Ares de clarísimas ocasións para matar a primeira parte, e o partido. Pero o desacerto no momento da verdade resultaba incomprensible para xogadores e respectable. Non volvería bicar o balón o fondo da rede ata o minuto 33. Claro penalti sobre Javi, que él mesmo se encargaría de transformar no que supuña o 0 - 2 para os de Ares. Xusto e curto premio ao visto ata ese momento. Pero seis minutos despois, corría o 39 de xogo, unha xogada infantil dos de Ares permite, á veteranía do Valdoviño, acurtar distancias no marcador por medio de Felipe, 1 – 2. Este gol meteu ao equipo local no partido e de aquí ata o final da primeira metade tiveron os mellores minutos. Finalmente o marcador permanecería inamovible e marcharíamos aos vestiarios con vitoria do Numancia por 1 - 2.

Na segunda metade o Valdoviño sairía moitos máis metido no partido que os de Ares. Nos primeiros dez minutos de xogo tiveron contra as cordas ao equipo visitante que non se daba desembarazo do xogo local. Tanto foi o cántaro á fonte que finalmente no minuto 55 chegoulles o premio. Falta preto do área que botan os locais, rexeita a defensa do Numancia e o balón chega aos pés de Afonso que de disparo raso e axustado á base do pau empata para o Valdoviño, 2 - 2. Este gol fixo espertar aos de Ares que saíran totalmente durmidos do descanso. Puxéronse de novo o traxe de faena e volvíanse pór por diante no marcador seis minutos despois. Un forte disparo de Zeta ao lanzamento dunha falta lateral sorprende a Simón e supuña o 2 - 3 para os de Ares. Os locais non se amedrentaron, Viron que tiñan posibilidades e loitaron polo empate. Houbo boas ocasións para un e outro equipo. Pero finalmente e co partido practicamente rematado a balanza inclinouse en favor dos de Ares. Minuto 90, pase en profundidade de Zeta ás costas dos defensas, Rubén gáñalle a partida ao seu marcador e bate por baixo a Simón ante a saída déste, 2 - 4. E xa no tempo engadido chegaría o quinto e definitivo. Pase sobre Jesús que alcanza a liña de fondo, centro raso ao segundo pau que recolle Javi Enrique, nun primeiro disparo detén Simón, o rexeite chega de novo a Javi Enrique que na segunda oportunidade envía ao fondo da rede. 2 - 5 para os de Ares e asubío final.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.