Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA 1 - MANDIA 1.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA 1 - MANDIA 1.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011. 2012. Numancia 1 - Mandiá 1. Prados Vellos 27/11/11.RESULTADO XUSTO EN PRADOS VELLOS.

Numancia e Mandiá repartíronse os puntos nun partido moi igualado.



Ares 27 de novembro de 2011.

ALINIACIONES:

NUMANCIA: Carlos, Martín, Costa, Pedro Machado (Zeta 46´), Bule, Teti, Alex García, Manu, Rubé, Javi Enrique (Cesar 75´) e Javi (Jesús 85´).

MANDIA: Fonso, Anxo (Carlos 70´), Ivancito, Zepe, Verde, Iván, Chris (Ángel 80´), Kenneth (Oscar 65´), Berto, Unay (Dani 67´) e Pacuco.

COLEXIADO: Roberto José Landrove Sande. Amoestou a Alex García e Javi polo Numancia. Polo Mandiá a Berto, Pacuco e Oscar.

GOLES:
NUMANCIA: Teti (min. 83).
MANDIA: Berto (min. 29).

 



Partido moi igualado e disputado no que o Mandiá exerceu unha forte presión en todo o campo coa que o Numancia non estivo cómodo. Quizais na primeira metade os visitantes estiveron algo mellor que o equipo local, que comezou ben, pero foi decaendo en xogo a medida que pasaban os minutos. Non foi unha primeira metade moi vistosa, a cal estivo caracterizada polas escasas chegadas ás metas contrarias. Adiantaríase o Mandía no minuto 29, un contragolpe con balón ás costas da defensa aresá que recolle Berto, intérnase na área e de disparo cruzado bate a Carlos, 0 – 1. Nos últimos minutos o partido desluciuse un pouco froito da tensión e xogo duro pero sen maiores consecuencias.

Na segunda metade o conxunto aresán foi a polo partido e levou a batuta do mesmo en canto ao control do balón. Pola contra o Mandiá con balóns en longo, e ás bandas, levaba o perigo ao área numantina. Os de Ares dominaban o xogo pero non creaban ocasións claras. Non sería ata o minuto 83, á saída dun corner no que Teti levaría a igualada ao marcador. 1 – 1. Uns minutos antes houbo unha xogada polémica na área visitante que sería moi protestada polos xogadores e o respectable que pedían penalti. Os últimos dez minutos serían claramente dos de Ares, sería onde terían as mellores ocasións: Ata tres clarísimas oportunidades para levar o partido. Pero finalmente o marcador permanecería inamovible. Empate a un gol, e reparto de puntos.

Ao final do encontro sondamos a opinión dos adestradores:

Juan Carlos Arojo (míster do Mandía): Partido bastante igualado no que nos puxemos por diante no marcador mediada a primeira parte. Na segunda metade o Numancia tivo máis dominio do balón pero dispuxeron de poucas ocasións. Tivemos oportunidades para sentenciar, non o fixemos, e o que non o fai págao. Empatáronnos a dez minutos do final e puideron gañar posto que tiveron boas ocasións nos minutos finais.

Marcelino (míster do Numancia): partido disputado e moi igualado cunha primeira metade no que o Mandía foi algo mellor que nós. Na segunda metade botamos o resto, tivemos ocasións e quizais un pouco de mala sorte para facernos cos tres puntos. Se pelexásemos os noventa minutos, en lugar dos corenta e cinco seguramente estaríamos máis arriba. Pero bo en liñas xerais estamos contentos. Esta semana recuperamos xogadores que non tivemos nas pasadas xornadas, haber se isto marca un punto de inflexión e chegan de novo os bos resultados.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.