PREBENXAMINS. G. MUGARDOS, 6 - NUMANCIA, 3.
REACCIÓN TARDÍA
Derbi disputado no campo da Pedreira no que o equipo local mostraríase máis efectivo que o cadro aresano.
A Pedreira 19 de novembro de 2011.
Xogaron por parte do Numancia: Miguel, Marcos Rey, Diego, Oscar, Jaime, Martina, Lucas, Marcos, Iván, Martin, Jonatan e Carlitos.
Partido no que o Galicia de Mugardos estaría máis acertado nas xogadas a balón parado, xa que lle darían tres dos seis goles, e á vez mais metido no partido polo que sería superior na súa totalidade. Por parte do Numancia dicir que tería unha reacción nos últimos quince minutos pero sería bastante tarde para poder igualar o marcador. Ao final do encontro seis goles a tres favorable aos mugardeses.