Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. SAN SADURNIÑO, 2 - NUMANCIA, 2.
 
 

AFECCIONADOS. SAN SADURNIÑO, 2 - NUMANCIA, 2.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. San Sadurniño 2 - Numancia 2. A Piscina. 20/11/11.O NUMANCIA UN PERIGO PARA SE MESMO.

Os de Ares arrincaron un empate no campo da Piscina nun partido no que os locais, por ocasións, mereceron algo máis. Os minutos iniciais e os finais o mellor do partido.

San Sadurniño 20 de novembro de 2011.

ALINIACIONES:
SAN SADURNIÑO: Amaro, Antón, Amor (Álvaro 65´), Miguel, Ángel, Fernando López (Fernando Silveira 71´), Carballeira, Alejo, Melo (Santi 65´), Alejandro (Cristobal 83´) e Marcos (Aaron 74´).

NUMANCIA: Carlos, Martín, Costa, Pedro (Jorge 65´), Bule, Teti, Alex García, Manu (Dani Cagide 76´), Rubén, Javi Enrique e Sylla (Jesús 72´).

COLEXIADO: Víctor M. García Villaverde. Amoestou a Carballeira polo San Sadurniño e a Costa polo Numancia.

GOLES:
San Sadurniño: Melo (min. 5) e Álvaro (min. 81).

Numancia: Manu (min. 10) e Rubén (min. 85).

 

 
Campo brando, ao que se adaptou moito mellor o equipo local, e que propicio bastantes resbalóns e perdidas comprometidas para os dous conxuntos. Os primeiros minutos do partido foron bastante igualados. Sería onde chegarían os goles. O primeiro para o Sansa, no minuto 5, obra de Melo ao lanzamento dunha falta lateral. Cinco minutos despois empatarían os de Ares por medio de Manu, quen recolle un balón no bordo da área, vaise do seu marcador e de disparo cruzado a media altura bate a Amaro. A partir do gol os de Ares foron indo de máis a menos, deixaban moitos espazos entre liñas e fallábase en exceso nos pases, o que facilitada o xogo de contraataque do equipo local. O marcador non se movería e iriámonos ao descanso con empate a un gol.

A primeira media hora da segunda metade sería un calco do primeiro tempo, seguíase fallando nos controis e nos pases, os de Ares non conseguían ter o balón, o que facilitaban o xogo local. No último tramo, o partido converteríase nun acoso e derribo en ambas as porterías. O balón ía dunha a outra nun perigo constante. As ocasións sucederíanse para os dous equipos. As máis claras, se cabe, para o Sansa. Os locais estrelarían dous balóns no traveseiro, e Carlos, o gardameta aresán, deteríalles un penalti, corría o minuto 80. Non perdoaría o Sansa dous minutos despois, e nunha rápida xogada por banda con centro ao área pequena, Álvaro envía ao fondo das mallas para pór de novo aos locais por diante no marcador (2 - 1). Pouco duraría a alegría, pois catro minutos máis tarde, rápido contraataque dos de Ares con pase de Jesús sobre Rubén que lle gaña a partida aos defensas, encara a Álvaro e báteo por baixo para empatar de novo o partido (2 - 2). Finalmente táboas no marcador logo duns últimos minutos frenéticos por parte dos dous equipos para levarse os tres puntos.

A o final do encontro tentamos a opinión dos adestradores:

Chus (míster do Sansa): partido aberto e moi disputado, con alternativas para os dous equipos e no que calquera puido gañar. Nos últimos vinte minutos o partido abriuse, estivo algo tolo, co balón dunha portería a outra e calquera dos dous equipos puido haberse levado os tres puntos. Creo que o empate é un resultado xusto ao visto no terreo de xogo.

Fran Bardanca (míster do Numancia): primeira parte na que o equipo saíu concentrado, queríamos a posesión, pero non fomos capaces de conseguilo, aínda que o equipo estivo ben colocado no campo. No descanso corriximos algunhas cousas, pero seguimos fallando nos controis, non abrimos o campo, insistimos polo centro, e os balóns entre liñas eran maioritariamente para o rival, faltounos velocidade. As cousas non nos están saíndo ben, fáltannos algúns xogadores que recuperaremos na próxima semana, haberá que tratar de retomar a situación. Con respecto ao resultado creo que foi xusto.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.