BIBERONS. NUMANCIA, 1 - NARON, 1.
EMOCIÓN E BOAS MANEIRAS EN PRADOS VELLOS
Este xoves Numancia e Narón xogaron o partido correspondente a 4ª xornada do Torneo AFACO de fútbol 8 en Prados Vellos ante numeroso público.
Ares 17 de novembro de 2011.
NUMANCIA: Juan, Isma, Ángel, David, Hugo, Xerar, Brais, Axel, Dani, Aketza, Lucas, Sergio Feal e Sergio Gil.
Volvía o fútbol biberón a Prados Vellos cun partido entre o Numancia e o Narón. Un Narón con xogadores corpulentos e mais experimentados que ós numantinos. Isto fixo que no primeiro cuarto do partido os naroneses estiveran mais acertados ante a portería rival o que lles serviu para anotarse o primeiro envite.
No segundo cuarto, ós numantinos perderon o medo, soltáronse e comezaron a loitar por cada balón e a envíarlle balóns o seu dianteiro Axel, moi acertado neste encontro. A melloría dos numantinos permitíulles empatar este segundo envite.
No terceiro cuarto, contínuaban sorprendendo os nenos numantinos ó respetable, David subía ás barbas de Goliat. Os peques numantinos loitaban, combinaban e anotaban algún gol mais que os naroneses o que lles servía para gañar este terceiro envite.
No último cuarto, moita emoción e loita por cada balón. Numantinos e naroneses esforzábanse por agradar o público en cada xogada. Este envite terminou con empate. Tamén finalmente o partido tivo un anécdotico resultado de 1-1.
Mais alá do resultado, seguimos vendo a progresión do Numancia. Uns nenos a maior parte de 2007, soamente hai 4 nenos de 2006 plantaron cara e non se amilanaron ante un Narón coa maior parte dos seus xogadores de último ano. Ós nenos divírtense, fan deporte, loitan por cada balón e viven novas emocións, novas sensacións, bonitas experiencias ademais de facer novos “amigos” nos equipos contrarios. Tamén o tempo está acompañando, hoxe mesmo, todos poidemos desfrutar dun clima perfecto para a práctica do fútbol biberón. Grazas Lorenzo.
Felicitar a todos ós participantes neste encontro polo seu traballo, esforzo e boas maneiras. ¡¡¡A seguir así campións¡¡¡
O Numancia biberón gozará dun merecido descanso ata o martes, día no que reanudará os adestramentos no polideportivo municipal. A vinderia semana, ós nenos vivirán o seu primeiro derby na Pedreira, cun Galicia de Mugardos – Numancia. Seguiremos informando...
¡¡¡A seguir desfrutando¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡