BIBERONS. NUMANCIA, 3 - O VAL, 0.
COMEZOU Ó FÚTBOL DAS ILUSIÓNS
Este xoves Numancia e Val xogaron na segunda xornada do Torneo AFACO en Prados Vellos. Polo Numancia participaron no encontro ós seguintes xogadores:
Ares 10 de novembro de 2011
NUMANCIA: Juan, Isma, Ángel, Brais, Lucas, Xerar, David, Sergio Gil, Axel, Dani, Hugo, Aketza e Sergio Feal.
Logo de descansar na primeira xornada, e de adiar o seu partido da segunda xornada por mor do mal tempo, entraba o equipo biberón do Numancia no Torneo AFACO de fútbol 8. Foi nunha tarde de xoves, nunha tarde de nervios, ilusión, de ollos moi abertos; nunha tarde de fotos e na que por sorte acompañou tamén o tempo. Despois do recibimento, da toma de contacto co escenario; para moitos nenos era a primeira visita a un campo de fútbol; e logo tamén das múltiples fotos para inmortalizar este día histórico e imborrable na curta historia futbolística destos nenos; daba comezo ó partido.
Xogaban ós numantinos en 4 tempos de 10 minutos ante ós amigos da SD Val. Tras superar os nervios iniciais, ós mais pequenos fóronse soltando e ós goles chegaban, sobretodo por parte do Numancia. Tamén ós valexos desfrutaban e anotaban algún gol na portería numantina; aínda que con moita menos frecuencia. Todos ós xogadores desfrutaron durante 40 minutos do fútbol, do balón, do árbitro, dos afeccionados, dos amigos e compañeiros do equipo adversario. Foron 40 minutos de diversión, de soños e de moitas moitas risas e moita ledicia. O término dos 40 minutos, saudos agarimosos entre os dous equipos e moitos aplausos do respetable para os verdadeiros protagonistas desta tarde de xoves, os nenos.
Agradecer os amigos da SD Val por desprazarse ata Ares para desfrutar de este partido. Prometemos devolver a visita cando o calendario así o marque. Tamén agradecer a colaboración de Genete, adestrador do Numancia prebenxamín, na “arbitraxe” deste partido.
Lembramos que estos partidos están divididos en 4 tempos de 10 minutos, e o anécdotico resultado elabórase mirando ós tempos gañandos por cada equipo. Neste caso, o anéctotico resultado foi de Numancia 3 – SD Val 0. Dicimos anécdotico resultado, porque o único importante nesta categoría e neste torneo e a diversión de nenos e acompañantes, a súa lenta progresion e a súa amizade cos nenos dos outros equipos. Hoxe creo que todos cumprimos ós obxetivos, ós nenos viviron un día moi especial nas súas vidas, divertíronse e fixeron rir e esquecer ós problemas diarios os seus familiares más fieles que sempre acompañan e non deixan un detalle ó azar para que ós mais pequenos non lles falte de nada. ¡¡¡Noraboa a todos¡¡¡ Este é o camiño a seguir¡¡¡ Seguinte parada hoxe venres as 17:00 en Neda nun partido correspondente á 3ª xornada.
¡¡¡Isto non fixo mais que comezar¡¡¡ ¡¡¡¡A seguir desfrutando¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡