Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. A CAPELA, 2 - NUMANCIA, 1.
 
 

AFECCIONADOS. A CAPELA, 2 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. A Capela 2 - Numancia 1. Os Calzados.IMPOSIBLE XOGAR AO FUTBOL.
A auga e sobre todo o forte vento condicionaron o partido en Os Calzados. Eolo tivo a ben participar hoxe no encontro que disputaban o equipo local e o Numancia converténdose no protagonista do partido.

 


Os Calzados (A Capela) 23 de outubro de 2011.

ALIÑACIONS:
A CAPELA: Picallo, Diego, Poli, Marcos Rodríguez, Rubén, Iván Ferreiro, Mauro (Esteban 88´), Marcos Martínez, Alex (Brais 91´), Óscar Rañales (Raúl 46´) e Tino (Viñas 86´).

NUMANCIA: Iván, Bule, Pedro Machado, Martín (Jauma 86´), Cesar, Sylla, Teti, Manu (Jorge 81´), Rubén (Carlos 69´), Javi Enrique (Javi 64´) e Zeta.

COLEXIADO:  Fernando Caruncho Paz (Delegación de Ferrol). Amonestou a Iván, Rubén e Marcos Rodríguez polo Capela. E a Pedro Machado e Javi polo Numancia. Expulsou a Bule do Numancia.

GOLES:
A Capela: Alex (2) (min. 27 e 73)
Numancia: Bule (min. 34)

Antes de dar comezo o encontro gardouse un emotivo minuto de silencio en recordo de D. Luís Barcanca Rey, finado na maña de onte, pai de Fran Bardanca adestrador do Numancia. Descanse en paz. Desde aquí e en nome da familia numantina expresamos as nosas condolencias a Fran e a súa familia.


Se xa de por sí no campo de Os Calzados non se pode realizar un fútbol vistoso polas dimensións do mesmo, no día de hoxe o forte vento reinante veu a complicar máis as cousas aos xogadores. Podemos afirmar que a pesar das dimensións do campo, hoxe aínda sobraba a metade do mesmo. Era tal a forza coa que sopraba o vento, que ao equipo que lle tocaba en contra, ven ao despexar o balón, ou nos saques de porta o esférico apenas chegaba a o medio do campo. Ás veces producíanse situacións, ou o balón facía tales estraños, que en máis dunha ocasión levantaron as gargalladas do respectable. Noutras, máis parecía un partido de rugby, pois para sacar unha falta, outro xogador tiña que aguantar lixeiramente o balón para mantelo no sitio antes do golpeo. ¡¡Curiosidades!!

 


Pois ben, con esta papeleta tiveron que lidar os xogadores. Na primeira metade foi o Numancia o que xogou co vento a favor. Pasándolle a quenda á Capela no segundo período. Intentaron os de Ares facer un fútbol de toque, pero hoxe non era nin o campo, nin o día. Controlar o balón era unha tarefa máis que complicada e as perdas eran continuas para un e outro equipo. Co vento a favor, a posesión foi para os de Ares e os locais a defender, e á contra. Nin sequera hoxe era o día dos zapatazos, tan típicos neste campo, pois en canto o balón collía un pouco de altura perdíase, e en máis dunha ocasión fóra das instalacións deportivas. Aínda así, dispuxo de varias ocasións o Numancia para adiantarse no marcador. Pero sería A Capela, no minuto 27, por medio de Alex ao saque dunha falta lateral o que adiantaría aos locais. Este gol espoleou A Capela que dous minutos despois tiveron outra boa ocasión nos pés de Iván Ferreiro. Aos poucos o Numancia retomou o control da situación e volveu á carga con xogo de toque. Pero como diciamos, hoxe non era o día. Quizais os de Ares abusaron de máis neste tipo de xogo no día de hoxe. Cando os máis práctico fose quizas o disparo afastado, que coa axuda do vento chegaba con facilidade á portería e o balón era moi difícil de controlar polos gardametas. Así quedaba de manifesto cada vez que os balóns atopaban porta. E viuse despois ratificado cun forte zapatazo de Bule desde o medio do campo, o balón toca nun dianteiro local na súa salida e se envenena sorprendendo por alto a Picallo, corría o minuto 34. Este gol suporía o empate para os de Ares. Puido irse o Numancia ao vestiario con vantaxe no marcador, pero un houbo sorte, pois antes de irnos ao descaso, ao saque dun córner os de Ares estrelarían o balón no traveseiro. E dous minutos despois Javi Enrique de libre directo estrélao no pau. Con estas desafortunadas xogadas e empate a un tanto iriámonos ao descanso

Na segunda metade o vento xogaría en contra dos de Ares, e tamén o campo. A Capela tíñao todo a favor. Un equipo máis afeito a este campo e a este tipo de situacións climatolóxicas, estaba claro que tocaba sufrir. Aínda así aos poucos minutos de iniciada a segunda metade, os de Ares a punto están de dar a sorpresa, pero o disparo de Zeta atópase de novo coa base do pau. Desde aquí ata o final do partido foi un calco da primeira metade pero nesta ocasión en favor dos locais. O gol da vitoria da Capela chegaría no minuto 73 ao saque dunha falta, o balón bota na área, chega a Alex e de medía chilena bate a Iván. O Numancia intentou a reacción pero era tarefa case imposible chegar á porta local, a non ser que fose a balóns parados e próximos ao área.

Polo tanto nada que obxectar á vitoria de A Capela. Hoxe non era o mellor día para a práctica do fútbol. Xa desde antes de iniciarse o encontro estaba claro que a vitoria podía levála calquera dos dous equipos. Foi case un partido de lotería e nesta ocasión o premio levouno A Capela. Non queda máis que felicitálos pola vitoria e desexarlles sorte. Agradecerlles tamén desde aquí as mostras de apoio e as condolencias que a Xunta Directiva nos mostrou hacia o adestrador do Numancia, Fran Bardanca, pola perda do seu pai.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.