XUVENÍS. CEDEIRA, 2 - NUMANCIA,1.
AS PRÉSAS NUNCA FORON BOAS.
A precipitación e a ansiedade sentenciou aos aresáns.
O Beco (Cedeira) 24 de setembro de 2011.
NUMANCIA: Xaime, Álvaro, Víctor (Pombo min. 45), Pepe (Roque min. 75), Amenedo, Adrián, Jony, Juanra (Borja min. 60), Dani Cagide (Ricardo min. 65), Iván (Juan min. 60) e Brayan.
Partido tenso o disputado o pasado sábado no campo do Cedeira. A pesar de que o Numancia non tivo o seu mellor día, si tivo o control do xogo case todo o partido, pero a ansiedade por querer facerse cos 3 primeiros puntos da tempada levou ao equipo a xogar demasiado directo. Os dous goles locais foron tras senllos penaltis, o primeiro foi un claro penalti de Xaime sobre un xogador do Cedeira. E o segundo non houbo tal penalti pero o colexiado do partido sinalou a pena máxima ante a incredulidade dos xogadores numantinos. Os de Ares chegaron a empatar o encontro tras o lanzamento dunha falta lateral e que peitea un dianteiro aresan, para que Álvaro no segundo pau envíe o balón ao fondo das mallas.
Destacados polo Numancia Amenedo e Álvaro.