Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - R. DE NEDA, 1.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - R. DE NEDA, 1.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. Numancia 4 - R. de Neda 1. Prados Vellos 18/09/11.A TERCEIRA FOI A VENCIDA.
Tres xornadas de liga, dous empates e por fin chegou a vitoria. Os de Ares nun partido serio e de bo nivel levaron os tres puntos en Prados Vellos fronte ao Rápido de Neda. Ao descanso chegouse con vantaxe local de 2 - 0.

Prados Vellos 18 de setembro de 2011

ALINIACIONES:
NUMANCIA: Ivan, Costa (Martín 64´), Bule, Jauma (Cesar 66´), Pedro Machado (Jorge 59´), Teti, Manu (Javi 82´), Alex Garcia, Rubén, Javi Enrique (Carlos 78´) e Zeta

R. DE NEDA: Victor, Graña (Yona 46´), Miguel (Arturo 50´), Abel, Jove, Rey, Marcos (Pedro 46´), Javi (Santi 75´), Alex, Cocheli e Beni.

COLEXIADO: D. Fernando Caruncho Paz (Delegación de Ferrol). Amonestou a Manu polo Numancia, e a Jove e Alex polo Neda.

GOLES:
Numancia: Rubén (2) e Zeta (2).
R. de Neda: Beni.

 

 

Primeira metade de dominio territorial do Numancia, aínda que con poucas ocasións claras de gol para os de Ares, por prácticamente ningunha dos nedenses. Os aresáns xogaron cómodos nesta primeira parte. Presionando moi arriba e non deixando saír con comodidade desde atrás ao rival, isto propicio moitas recuperacións de balón que lles daba a posesión do esférico aos locais. O primeiro gol chegaría ao cuarto de hora de partido, un balón rexeitado na área que chega a Rubén, quen de forte disparo cruzado bate a Víctor. Continuaría a mesma dinámica de xogo durante a primeira metade. Minutos antes de marchar ao vestiario chegaría o segundo gol aresano. Este sería obra de Zeta ao rematar de cabeza o balón á saída dun corner. Sen tempo para máis iriamosnos ao descanso co marcador a favor dos de Ares de 2 - 0.

A segunda metade non podía comezar mellor para os de Ares, pois aos tres minutos do seu inicio chegaría o terceiro tanto local. Balón á banda que recolle Manu, alcanza o lateral da área, o seu disparo é rexeitado por Ivan e Rubén entrando desde atrás envía ao fondo da rede. Este gol daba a tranquilidade ao Numancia e tamén a relaxación excesiva coa que xogaron durante algúns minutos. Estes minutos foron aproveitados polo Neda para irse arriba e crear algunhas ocasións que non se materializaron. Mediada a media hora de xogo chegaría o tanto visitante. Un disparo desde medio campo sen aparente perigo, que Iván non atalla, aprovéitao Beni para acurtar distancias para o Neda (3 - 1). Este gol fixo saltar as alarmas no cadro numantino que volveu porse as pilas para tomar as rendas do partido. Xa con éste prácticamente rematado, libre directo de Zeta que o porteiro do Neda non é capaz de atallar e coase ao fondo da portería, o que significaba o cuarto gol local e a sentenza do partido.

Ao final do partido, Fran Bardanca, míster do Numancia deixábanos as súas impresións:
Primeira metade con moita máis chegada que o Neda, pero na que non fomos donos do partido, aínda que nos marchamos ao descanso con dous goles de vantaxe. Na segunda metade estivemos tamén mellor que eles. Cos cambios mantivemos o mesmo nivel de xogo, polo que creo que foi unha vitoria xusta e merecida. Gustaríame destacar o bo xogo desenvolvido hoxe por todos, pero en especial apuntar a entrega no día de hoxe de Teti.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.