Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - MUGARDOS B, 6
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - MUGARDOS B, 6

 PERÍODO DE PROBAS

Na primeira semifinal do torneo do Pote, un Numancia que presentou 21 xogadores perdeu ante o Mugardos B
Ares, 6 de agosto de 2011
 
ALINEACIÓNS:
NUMANCIA (1ª PARTE):  Iván, Bule, Costa, Pedro Machado, Vicente, Zeta, Teti, García, Rubén, Javi e Carlos.
NUMANCIA (2ª PARTE): Iván (Xaime), Martín, César, Antón, Jorge, Ibra, García, Silla, Zeta (Jesús), Borjita e Rubén (Manuel).
 
ÁRBITRO: Dª Raquel Ortega.
 
COMENTARIO: No primeiro partido desta pretemporada, unha proba que debe servir aos adestradores para ir sacando conclusións e ver o que sexa susceptible de mellora, vimos un Numancia con certa solidez defensiva na primeira parte que conseguiu chegar ao descanso cunha vantaxe de 3 – 2. Goles a balón parado (de falta directa e penaltis) para os dous equipos foron as xogadas máis destacadas. Na segunda parte, o Mugardos remontou claramente un partido que rematou en goleada.
Os goles do Numancia foron materializados por García (penalti), Carlos e Zeta. Polo Mugardos marcaron Rudi, Josito (4) (2 pp) e Jorge.
 
Partido con moitos goles, aínda que con pouco fútbol, pero no que aínda así puidéronse ver algunhas boas xogadas. Por outro lado normal a estas alturas de inicio de tempada na cal os equipos ainda están a perfilar os planteles. Ainda así o numeroso público asistente ao evento puido gozar dunha tarde de goles, con alternancias no marcador, o que mantivo a salsa na bancada ata ben mediada a segunda a metade.

Serían os de Ares, por medio de Alex García ao transforma unha pena máxima no 14´, os que comezarían inaugurando o luminoso. Empataría Rudi dez minutos máis tarde, e no 30´, sería Josiño o que adiantaría aos de Mugardos. No cuarto de hora que restaba ata o descanso chegarían dous goles máis, o primeiro no 41´, no que Carlos en xogada individual volve establecer a igualada para os aresáns. E a dous minutos para o descanso Zeta de libre directo establecería o 3 - 2 para os de Ares, resultado co que marcharíamos ao vestiario.

Xa segunda metade, e aos poucos minutos do seu inicio, volvería establecer de novo a igualada o Mugardos por medio de Josiño ao lanzamento dun libre directo. Sería este mesmo xogador, ao transforma dous penaltis no 57´ e 61´, o que poñería definitivamente os mugardeses por diante. Remataría a tarde goleadora Jorge no 80´ para establecer o definitivo Numancia 3 - G. de Mugardos 6, co que se chegaría ao final do encontro.

No outro encontro de fase do torneo o Maniños derrotou o Sporting Cidade de A Coruña por 4 - 2. Polo tanto hoxe domingo, 7 de agosto ás:

18: 00 FINAL DE CONSOLACIÓN: NUMANCIA - SPORTING CIDADE.

20:00 FINAL: MANIÑOS - G. DE MUGARDOS "B".

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.