Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - MANIÑOS, 3.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - MANIÑOS, 3.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Numancia 1 - Maniños 3. Prados Vellos.ATA AQUÍ CHEGAMOS
Despois dunha primeira metade moi igualada, na segunda os de Ares no estiveron a altura do partido.

 

Prados Vellos 29 de maio de 2011.

ALINIACIONES:
NUMANCIA: Carlos, Martín, Jauma (Costa 70´), Vicente, Zeta (Jose 86´), Pedro Machado (Javi 76´), Bule (Teti 76´), Alex, Manu, Jorge (Carlitos 70´) e Rubén,

MANIÑOS: Brage, Adri, Marcos, Caste, Ivan, Fonso, Josi, Uxio, Diego, Dieguito (Mato 85´) e Jomaka (Charli 59´).

COLEXIADO: D. José Priegue Leis, asistido por D. Adrián González Franco e D. Sylvie Le Price Tchouhali (Delegación de Ferrol). Amonestou a Vicente polo Numancia e a Fonso, Josi e Dieguito polo Maniños.

GOLES:
Numancia: Bule (36´).
Maniños: Dieguito (25´), Diego (64´) e Josi (74´).

 



Antes de dar comezo o encontro Fran Bardanca e Manel Pérez, representante da adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra, fixeron entrega dun agasallo ao xogador mais regular da tempada 2010-2011. Manu foi o xogador numantino que consiguiu o galardón.  Dende aquí damoslle a nosa noraboa. Tamén desde a familia numantina mandamos un agradecemento a Fran e Manel, pola súa iniciativa e colaboración co Numancia.

Entramos xa de cheo no partido. Partido dos cuartos de final da Copa de Ferrol, onde ó Numancia quedou eliminado da mesma tras ser derrotado polo Cultural Maniños en Prados Vellos ante préto de 350 espectadores.

Un domingo de sol e calor ata o mediodía, convertiuse nunha tarde de tormenta e choiva. Quizais o sobrecargado ambiente da previa foi demasiado para o ceo, que estoupou pouco antes da hora do gran partido. Numancia de Ares e Cultural Maniños xogábanse a vida ou morte o pase as semifinais da Copa. Gran expectación en Prados Vellos e moito ambiente, gran presenza da Marea Vermella, e presenza escasa pero moi animosa da familia do Maniños e xente de Mugardos e Pontedeume que non querían perderse este partido nin este espéctaculo.

Foi un partido, marcado pola tensión. Moito respeto nos primeiros minutos, non había ocasións claras para ningún equipo. Pouco a pouco, o Numancia foi desmelenándose, tendo varias ocasións claras de gol, principalmente con disparos lonxanos que o veterán gardameta do Maniños, Brage, resolveu con extraordinarias intervencións. O Maniños pola contra, avisaba ó contraataque. Nunha desas xogadas de contraataque, chegaba o balón o xogador visitante Dieguito que establecía o 0 - 1 no minuto 25 de xogo. Non se amilanaron ós numantinos, chegaban con perigo a área visitante, onde se producía algunha que outra xogada polémica. A insistencia do Numancia tivo premio nunha falta que Vicente colgaba á area fenesa, Manu controlaba o balón para cederllo a Bule que cun forte disparo batía a portería do Maniños, conseguindo o 1 - 1 no minuto 36. Non houbo moito máis partido ata o descanso, retirándose ós equipos ós vestiarios con empate e moita igualdade, aínda que ós aresáns coa sensación de perdoar en exceso nesta primeira metade.

Na reanudación, saíu moito mellor ó Maniños. E xusto dicir que na segunda metade ó Numancia non estivo a altura do partido. Iso ante un equipo con moita calidade e experiencia nas súas filas como ó Maniños, págase. Un centro o área a saque dunha falta era aproveitado polo goleador do Maniños, Diego, quen remata de cabeza para conseguir o 1 - 2 no minuto 64. Non observamos reacción dos de Ares, mais ben nervos e pouca claridade. Estos nervos serían aproveitados polos visitantes, xa que un nervoso defensa aresán non acertaría no seu despexe, deixando o balón en bandexa para o visitante Josi que anotaba o 1 - 3 cun fermoso gol no minuto 74. Ese tanto, foi o mazazo definitivo do encontro. Ata ó final, loitou ó Numancia con moito corazón pero con moi pouca cabeza. A impotencia facía acto de presenza nas filas numantinas, sen provocar maiores problemas. Chegouse ó final do encontro e a vitoria marchaba para Maniños. O Numancia quedaba eliminado e ós visitantes conseguían o pase para ás semifinais copeiras. Soamente nos queda felicitalos.

En definitiva, vimos un partido que non defraudou ós espectadores. Non foi un encontro bonito pero si emocionante, un partido típico de derbi, con moito en xogo. A veteranía e pegada do Maniños impúxose a falta de claridade e xuventude do Numancia. Nada que obxetar.

Con este partido, finaliza a tempada para o primeiro equipo do Numancia de Ares. Unha tempada notable, para un equipo cheo de xogadores de Ares e con moita xuventude. Un equipo que na Liga pelexou casi ata ó final por acadar ás posicións mais privilexiadas. Un plantel que conseguiu que a Marea Vermella se ilusionara na Copa, pero non poido ser. Non pasa nada, ata aquí chegamos.

Soamente queda agradecer o esforzo dos xogadores e corpo técnico. E como non, tamén agradecer ó esforzo da gran Marea Vermella que sempre estivo representada, en menor ou maior medida por todos ós campos polos que o Numancia de Ares pasou esta tempada.

A descansar, reflexionar e coller moita forza para a vindeira tempada.

Hoxe mais forte que nunca, a Marea Vermella ten que gritar:

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

¡¡¡Vémonos TODOS XUNTOS na vindeira tempada.¡¡¡

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.