Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - OS AMIGOS, 1.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - OS AMIGOS, 1.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Numancia 1 - Os Amigos 1. Prados Vellos.¡¡¡QUE PENA!!!

Nervios, tensión, loita, piques, protestas, o colexiado… ¡¡¡show¡¡¡ dende o asubio inicial. Moito en xogo, ó final, xusto empate.

Ares 30 de xaneiro de 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Carlos, Antón (Vicente 69´), Costa, Pedro Machado, Bule, Rubén, Jose (Jorge 55´), Manu, Alex, Javi e Carlitos (Pedro Blanco 75´).

OS AMIGOS: Álvarez, Alejandro, Josepo (Araoz 89´), Castro, Francisco, Omar (Tonelo 63´), Manu (Roberto 46´), Balaguer, Rafa, Cristian (Victor 90´) e Dani.

COLEXIADO: D. Roberto José Landrove Sande (Delegación de Ferrol). Amonestou a Pedro Machado, Rubén e Javi do Numancia, e a Alejandro, Araoz e Roberto de Os Amigos. Expulsou con vermella directa a Pedro Blanco do Numancia.

GOLES:
Numancia: Rubén.
Os Amigos: Cristian.

 



Vixésimo primeira xornada da Liga da 2ª Autonómica onde o Numancia non poido pasar do empate ante un rival directo como Os Amigos, en Prados Vellos ante preto de 150 espectadores.

Tarde fría e sen choiva en Prados Vellos. Todos nos preparábamos para desfrutar dun importante partido, Numancia – Os Amigos, dous equipos que aspiran a facerse co título de Liga enfrontábanse en Ares. Esperábase un bo partido, e non defraudou, ou cando menos, ós equipos non defraudaron.

Comezaba o encontro cos dous equipos moi metidos. Nervios, tensión e moita loita dende o primeiro minuto. Reflexábase no ambiente e no xogo a importancia do encontro. O Numancia facíase dono do partido co paso dos minutos. Entre empuxe e xogo conseguía acercarse a portería visitante. Os Amigos defendíase con orde, e saía moi ben o contrataque. No minuto 15, libre indirecto moi perigoso favorable os de Ares. Manu toca suavemente o balón, e Rubén de fortísimo e preciso disparo bate a Álvarez, que ainda que chegou a tocar o balón, nado puido facer por evitar o golazo do dianteiro aresán, 1 - 0 no marcador e moita tela que cortar. Tras o gol, espertou Os Amigos. O partido comezou a volverse tolo, ninguén o podía controlar. Nin ós equipos, nin o colexiado. Entradas fortes, loitas, piques, algo de fútbol, foras de xogo, ocasións nas dúas porterías. Nunha delas poido sentenciar ó Numancia nun centro a área que Jose non chega a rematar. Pero o descanso o marcador seguía sendo de 1 - 0.

Na reanudación, foi Os Amigos claramente a polo empate. Encerrou o equipo visitante ó Numancia na primeira media hora da segunda metade. Tivo varias ocasións de empatar Os Amigos, ó estaba merecendo. E de tanto xogar con lume, o Numancia queimouse. Nun dos moitísimos contactos que existiron durante o encontro, o colexiado tivo a ben dictaminar falta favorable ós visitantes. Unha falta que non desaproveitaron. Cristian cun golpeo sutil e de moita calidade, meteu o balón moi axustado ó pau nun disparo no que Carlos non puido facer moito mais. Outro golazo, 1 - 1 no marcador no minuto 75. Foi o mais bonito da segunda metade, onde seguía as entradas fortes, a loita, os piques, as protestas… ¡¡¡o show¡¡¡. Finalmente este ambiente estoupou cando Pedro Blanco fixo unha forte entrada a un xogador de Os Amigos que provocou a xusta expulsión do de Ares e unha pequena trifulca entre ós xogadores de ambos equipos. Ambiente tenso, moito en xogo. Público encendido. Pouco fútbol. Nos últimos 15 minutos foi ó Numancia a polo encontro. Ocasións, chegadas o área visitante. Chegouse a reclamar un cartón vermello para un xogador por unha entrada por detrás a Javi que o colexiado resolveu con bote neutral, ante o asombro de xogadores e respetable. Tamén se reclamou un penalti a Manu, aínda que na opinión do colexiado non foi tal. Non había sorte nos últimos minutos. Impotencia, rabia e final do partido. Numancia 1 - Os Amigos 1. Moi bo resultado para ós visitantes, mal resultado para ó Numancia, que se deixa dous puntos na casa ante un rival directo. ¡¡¡Que pena, que paciencia!!!

En definitiva, xusto empate, un tempo para cada equipo. Felicitar os dous equipos pola súa entrega, e polo emocionante partido que nos ofreceron. Esta vez, non podemos felicitar ó colexiado. Hoxe non tivo un bo día, e tivemos a mala sorte de que perxudicou ó noso equipo. ¡¡¡Que pena!!!. Pero… ¡¡¡non podemos enganarnos a nos mesmos¡¡¡ Non podemos xustificar ó resultado pola actuación arbitral. De aquí en adiante, veñen partidos onde o Numancia e moitos equipos xóganse moito. Habera tensión. Pero…  temos que ser ós mais listos da clase. Non podemos estar protestando, berrando, enfadarnos e tensionarnos polas actuacións arbitrais. Eles mandan, e por moito que berremos ou nos enfademos non van a trocar as súas decisións. Sexamos intelixentes. Hai en xogo moitos puntos, quizais unha promoción de ascenso e ¿por qué non?; unha Liga. Pero por enriba de todo, está en xogo a boa imaxe do Numancia e do pobo de Ares. Paciencia, comprensión, intelixencia e o máximo apoio ó noso equipo. Un equipo que debe ser intelixente para non facerse dano a sí mesmo con sancións  que poderían diminuir o seu potencial. ¡¡¡Sexamos intelixentes¡¡¡ ¡¡¡Sexamos persoas¡¡¡ ¡¡Centrémonos no fútbol, soamente no fútbol!!! Os factores externos incontrolables, non están nas nosas máns.

Unha boa proba para ó noso equipo e para a nosa intelixencia terémola o vindeiro domingo. Partido vital en Maniños. 4º e 5º clasificado enfróntanse no Pote. Dous equipos empatados a puntos, que están a 6 puntos dos líderes Narón e Cariño, e a 2 puntos do 3º, Os Amigos. A vindeira xornada será clave, Os Amigos – Cariño, Ortigueira – Narón e Maniños – Numancia.
 
Precioso derbi en O Pote. O que perda, quedará seriamente tocado, o que gañe, sairá moi reforzado e volverá a engancharse totalmente na loita polas primeiras posicións. ¡¡¡Que partido!!!  Polo menos, temos clara unha cousa. A victoria nas bancadas está prácticamente asegurada, vendo a gran cantidade de xente que acompaña o Numan nos seus partidos.

Marea vermella convocada o vindeiro domingo as 16:15 en O Pote, Maniños, no que pode ser un dos partidos mais importantes da tempada. ¡¡¡Hai que superar o conseguido en Mugardos!!! ¡¡¡Toca invadir Maniños!!! ¡¡¡Non faltedes, o equipo e o Numancia nos necesitan!!!

¡¡¡XUNTOS PODEMOS, SEXAMOS INTELIXENTES!!!

¡¡¡Vémonos en Maniños!!!

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.