Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. G. MUGARDOS "B", 2 - NUMANCIA, 3.
 
 

AFECCIONADOS. G. MUGARDOS "B", 2 - NUMANCIA, 3.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. G. Mugardos O PODER DA FORZA NUMANTINA.
Vitoria no céspede e goleada na bancada. A afección numantina respondeu á chamada e acudiu masivamente ao campo de A Pedreira gañando por goleada na bancada.


A Pedreira, 23 de xaneiro de 2011.

ALINIACIÓNS:
G. MUGARDOS “B”: Javi, Gustavo (David 84´), Pincho, Juancho, Esteban (Adrián 79´), Hugo (Chusin 44´), Leo, Josiño, Borja, Jorge e Julen.

NUMANCIA: Carlos, Bule (Pedro Blanco 84´), Costa, Jaume, Zeta, Alex, Carlitos (Antón 78´), Pedro Machado, Manu (Vicente 87´), Jorge (Javi 65´) e Rubén.

COLEXIADO: D. José Priegue Leis, asistido nas bandas por D. Daniel García Roibal e D. Alberto Montero Martínez (Delegación de Ferrol). Amonestou a Pincho e Borja polo G. Mugardos, e a Bule, Zeta, Rubén e Vicente polo Numancia. Expulsou por doble amarela a Leo do Mugardos e por vermella directa a Jauma do Numancia.

GOLES:
G. Mugardos: Josiño e Juancho
Numancia: Manu (2) e Carlos.

 


Vixésima xornada da Liga na 2ª Autónomica onde o Numancia venceu no derbi ante o G. Mugardos “B” no campo de A Pedreira ante preto de 250 espectadores, con gran superioridade numantina nas bancadas. E isto fixose notar xá dende antes de comezar o encotro, pois a saída do equipo aresán ao terreo de xogo foi acompañada dunha espectacular e atronadora ovación, demostrándose unha vez máis que os afeccionados están a morte co equipo. GRAZAS AFECCIÓN

Tarde moi fría e asollada en Mugardos. Iso non impediu que ós afeccionados mugardeses e a Marea Vermella numantina acudirán A Pedreira a presenciar un derbi, xa de por sí interesante pola rivalidade, pero que tiña aínda mais importancia polos 3 puntos importantes que estaban en xogo, para o G. Mugardos por sair da zona baixa, e para ó Numancia para continuar na zona alta da clasificación. Por sorte, os 3 puntos viñeron para Ares, para ledicia da gran afección numantina.

Comezou o partido cunhas primeiras xogadas onde ós locais querían levar a iniciativa. Pero nada mais lonxe da realidade. O Numancia espertou e tivo 15 minutos máxicos onde pasou totalmente por enriba do G. Mugardos. No minuto 2 de xogo balón á área mugardesa, o defensa Juancho falla no seu despexe e deixa o balón morto na área. Como non, o noso experto goleador Manu estaba no sitio e momento oportuno para recollelo e fusilar por baixo ó porteiro local, 0 - 1. Non quedaba ahí a cousa, seguía ó Numancia atacando. E unha preciosa xogada por banda con centro de Manu á área e finalizada por Carlitos cun espectacular remate de media chilena que entraría como un mísil na portería local. Un fermoso gol dunha das perlas mais novas do Numancia. 0 - 2 no marcador, a parroquia numantina desfrutaba co seu equipo. Presumíase unha tarde tranquila pero… ¡¡¡era un derbi¡¡¡. O G. Mugardos espertou do seu letargo, e nos seguintes 15 minutos fíxose dono do encontro aproveitando a relaxación dos de Ares. Sería Josiño no minuto 17 o que cun lanzamento de falta conseguiría o 1 - 2 que premiaba a reacción mugardesa. Seguiu ese empuxe uns minutos mais, pero sen goles. Nos últimos minutos da primeira metade, comezou a loita, a tensión, o centrocampismo. Pero sería nunha falta lateral sacada polos locais onde Juancho libre de marca remata a pracer o fondo das mallas conseguindo a igualada a dous no minuto 43. Con este resultado, con alivio mugardés, e preocupacións e lamentacións numantinas chegábamos ó descanso.

Na segunda metade, producíase unha das xogadas claves do encontro. No minuto 50, nun fallo da defensa numantina, chega ó balón a un dianteiro mugardés que se internaba na área para fusilar a Carlos. Con ánimo de impedilo, Zeta fai unha entrada onde aparentemente toca o balón e o dianteiro mugardés cae o chan antes de poder entrar na área numantina. O veterán colexiado Priegue Leis non ó dúbida e asubía falta, xa que según o seu criterio existira contacto. Pero ante á sorpresa xeralizada, amósalle a Jaume o cartón vermello directo, cando o infractor fora Zeta. Un erro de humanos, todos podemos errar. Ó seu favor dicir que o seu xuíz asistente tampouco o axudou nada a subsanar o erro. Quedaba polo tanto ó Numancia con 10 xogadores e toda a segunda metade por diante. Ahí e donde saíu o espíritu numantino. O partido rompeuse, con moitas transicisións e ocasións para ós dous equipos. Ninguén acertaba, nadie conseguía adiantarse. Pero coma sempre nos momentos decisivos, apareceu o xogador que ten unha calidade superior os 20 restantes que estaban no campo. Libre indirecto para ó Numancia dende 25 metros. Rubén toca o balón para Manu que lanza un misil que se introduce pegado o pau esquerdo da portería mugardesa. ¡¡¡Outro golazo¡¡¡ ¡¡¡Ledicia e explosión de xúbilo na parroquia numantina¡¡¡ 2 - 3 no minuto 65 de xogo, tocaba resistir, tocaba sufrir¡¡¡ De ahí ata o final, o Galicia tamén quedaba con 10 tras a xusta expulsión de Leo por dobre cartón amárelo, o segundo despois dunha fea entrada a Manu, da que posteriormente se desculpou co noso xogador. Esperemos que non sexa nada grave para á nosa estrela. Pese a igualarse ás forzas, ós locais intentaron con mais corazón que cabeza atopar o empate. Emoción, loita e tensión nos minutos finais, tempo de desconto eterno. Tres pitidos finais, fin do partido. ¡¡¡Vitoria no derbi¡¡¡ ¡¡¡Explosión de xúbilo nos numantinos¡¡¡ ¡¡¡Seguimos na cabeza da Liga¡¡¡ ¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

En definitiva, bonito partido a veces polo xogo, tamén pola emoción, pola loita, pola tensión. Partido bronco e moi desputado, aínda que sen suciedade nin cousas que lamentar. Simplemente, a tensión propia dun derbi onde ambos equipos xogábanse moito. Felicitar ós dous conxuntos polo seu comportamento, e ó colexiado Priegue por saber lidiar con tantos xogadores e adestradores en tensión máxima e cun forte ambiente nun partido sempre compricado de arbitrar.

Agora tócalle ós xogadores seguir adestrando forte, e a afección seguir apoiando en masa e con forza como hoxe na Pedreira. Pincharon rivais da zona alta, Maniños, Neda, e Os Amigos e Cedeira empataron entre eles. Iso deixa ó Numancia na 4ª posición, a 4 puntos dos líderes Cariño e Narón “B” e a soamente dous puntos da 3ª plaza, que ocupa Ós Amigos.

¿Próximo partido?...
Numancia VS Os Amigos o vindeiro domingo as 16:00 en Prados Vellos. ¿Alguén da mais? Si hoxe tocaba invadir Mugardos, ó próximo domingo toca invadir Prados Vellos para asaltar a 3ª plaza da clasificación e abrir brecha cos perseguidores. Logo a invadir O Pote, e despois recibir ó Cedeira. ¡¡¡¡Vaia mes que nos espera¡¡¡

Polo tanto, xa sábedes. Os que de verdade presumides de ser numantinos, tedes unha cita ós próximos 3 domingos co Numancia. ¡¡¡Non fagades moitos plans de 16:00 a 18:30 ós próximos 3 domingos¡¡¡ ¡¡¡Este Numan tan xoven (hoxe a media de idade do equipo en Mugardos era de 23 anos) necesitanos a todos nestos partidos tan cruciais.

¡¡¡Comezamos o próximo domingo ante Os Amigos en Prados Vellos as 16:00 o asalto a 3ª praza da táboa¡¡¡ ¡¡¡Todos co Numancia¡¡¡ ¡¡¡Non podedes faltar¡¡¡ Xa sabedes:

¡¡¡XUNTOS, PODEMOS¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.