Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 5 - VALDOVIÑO, 0.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 5 - VALDOVIÑO, 0.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Numancia 5 - Valdoviño 0. Prados Vellos.BO COMEZO E LIDERATO.
Primeira xornada da 2º Autonómica ante o Valdoviño presenciada por 150 espectadores nos Prados Vellos. 

 

Ares 05 de septembro de 2010

ALINIACIÓNS:
Numancia: Fivi, Costa, Antón, Jauma (Vicente 70´), Zeta, Carlos (Pedro Blanco 66´), Pedro Machado (Rubén 67´), Oli (Javi 53´), Borja, Jorge e Manu.
Valdoviño: Carlos, Steven, Calderón, Jorge, Alberto, David, Iván, Bruno, Cristobal, Pablo, Raúl. Jacobo, Esteban, Eros, Ramón.

GOLES:
1 – 0: Carlos (minuto 5).
2 – 0: Oli (minuto 30).
3 – 0: Manu (minuto 62).
4 – 0: Manu (minuto 65).
5 – 0: Rubén (minuto 75).

COLEXIADO: D. Juan Orozco Corredoira. (Delegación de Ferrol) Amonestou a Costa polo Numancia e Calderón e Cristobal polo Valdoviño. Expulsou a Iván e a Raúl do Valdoviño.

 


COMENTARIO:
Tarde de domingo, tarde de fútbol, tempo algo nuboso… tempo de comezo da 2º Autonómica de Ferrolterra. E que mellor maneira de comezar a Liga que cunha amplia victoria que lle otorga un anécdotico liderato o noso Numancia.
Foi un partido moi trabado de principio a fin, un partido moi disputado. Pronto Carlos anotaba o primeiro gol para ó Numancia, ós 5 minutos de xogo. Pero o Valdoviño non se rendiu, facía una forte presión, e o Numancia quen non conseguía conectar moitos pases e facer bo xogo. Pero este Numancia ten calidade, e un pase maxistral de Borja as costas da defensa visitante e aproveitado polo eterno Oliveira para conseguir o 2-0. Pouco xogo, dous goles calcados e un marcador cómodo para ó Numancia cando se chegaba o tempo de lecer.
Comezou forte o Valdoviño na segunda metade, creando perigo sobre a portería numantina, que estivo defendida con moito acerto por Fivi durante todo ó encontró. Parecía que o Valdoviño apretaba e ó Numancia sufría pero no minuto 58 producíase a xogada clave do encontró. Nunha xogada sen aparente trascendencia, o defensa numantino Costa protexe o balón cerca da línea de banda, moi preto do banquillo aresán. O xogador visitante Raúl presiona a Costa, pero excédese na presión, chegando tarde e dalle un empurrón a Costa cando xa non tiña opción de xogar o balón enviando o xogador numantino contra a valla perimetral do campo. Foron dous minutos de preocupación e tensión no terreo de xogo entre xogadores, adestradores e afeccionados. Por sorte, o colexiado soubo manter a calma e tomou a decisión moi acertada de expulsar o xogador da SD Valdoviño. Tamén por sorte a xogada quedou nun susto xa que o bravo de Costa continuou no partido sen maiores complicacións.
Foi clave esta xogada, xa que nos 5 minutos seguintes o depredador da área Manu conseguiría dous goles mais para o Numancia, un deles nun precioso remate de cabeza. 4-0 ós 65 minutos de xogo. Aproveitou o míster numantino Carlos Rodríguez; que debutaba no Numancia en partido oficial; para darle minutos a todos os xogadores convocados. Un deles Rubén, faría o 5-0 definitivo demostrando que a xuventude e canteira do Numancia esta moi viva e disposta a dar guerra e ser importante no primeiro equipo durante toda a tempada. De ahí o final, una nova expulsión no cadro visitante e alguna ocasión numantina para ampliar a vantaxe, pero finalmente o resultado quedou no 5-0  xa coñecido.

En definitiva, un bo partido dun Numancia que mestura xuventude e experiencia. Quedou patente neste encontro a unión que reina neste plantel, apoiandose todos os xogadores durante ós 90 minutos sen descanso. Como premio a unión e o traballo a primeira victoria que nos permite desfrutar do liderato cando menos unha semana, sempre bonito aínda que sexa anécdotico.

A vindeira semana, toca viaxe As Somozas para enfrontarnos o filial do Somozas que comezou forte na Liga vencendo nunha praza sempre difícil como e a do Cedeira por 2-4.

Bonito partido o que nos espera o vindeiro fin de semana no Municipal de Pardiñas. Estamos seguros que a afección movilízarase e viviremos nas Somozas a primeira MAREA VERMELLA da tempada.

¡¡¡Este equipo é de todos, non pode camiñar solo. Vémonos en Somozas¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.