TROFEO REGULARIDADE BODEGAS&VINOS ARES (G. Mugardos B - Numancia)

Bodegas y Vinos Ares. Trofeo a la regularidad de aficionados 2018-2019.CARLOS VÁZQUEZ, O MELLOR XOGADOR DO MES DE SETEMBRO

Os moitos aficionados numantinos presentes o pasado sábado en A Pedreira para ver o derbi entre Mugardos "B"  e Numancia, poideron presenciar a vitoria dos nosos e o último partido puntuable para o premio da regularidade do mes de Setembro. Neste partido, Berto Permuy, Marcelo, Elías, Dani Espiñeira e Carlos Vázquez foron os mais destacados; facéndose este último co galardón do mes de Setembro. Elena Fuentes (Presidenta), Gelvi Fernández (Vicepresidenta) e Fran Bardanca (Directivo) valoraron de maneira moi positiva a actuacións dos xogadores no derbi. Estas foron as valoracións:

Bodegas y Vinos Ares. Trofeo a la regularidad de aficionados 2018-2019 Carlos Vazquez mes de septiembreCARLOS VÁZQUEZ - 4,33

ELÍAS - 4,33

BERTO - 4,33

MARCELO - 4,33

ESPIÑEIRA - 4,33

CHAPU - 4

IVÁN PIVO - 4

JUAN - 4

KIKE - 4

ANTÓN - 4

AMENEDO - 3,66

RUBÉN - 3,66

JULIO - 3,66

ÓSCAR - 3,66

ALEX PITA - 3,66

Desta maneira, despois dos partidos xogados no mes de Setembro ante o X. Cabañas, CD Rosalía, Meirás CF, Mandiá CF e Galicia de Mugardos "B, a clasificación mensual queda da seguinte maneira.

CLASIFICACIÓN MES DE SETEMBRO:

CARLOS VÁZQUEZ - 19,66

IVÁN PIVO - 17, 66

ESPIÑEIRA - 16,32

JULIO - 15,59

AMENEDO - 15,31

BERTO - 14,98

KIKE - 14

ELÍAS  E MARCELO - 13,32

CHAPU - 12,35

ÓSCAR E RUBÉN - 12,32

VICENTE - 10,32

JUAN - 9,66

ANTÓN - 9,65

FRAN RIPAS - 9,33

MARTÍN E PABLO FERRO - 9,32

ARNOSO - 6,99

PITA - 5,99

JOAQUÍN 2,66

Foron 21 os xogadores utilizados ata o momento por Miguel Carballeira e Jose Antón, polo tanto a totalidade do plantel gozou de minutos e protagonismo durante o mes de setembro. Esta fin de semana ao Numacia correspóndelle xornada de descanso, polo que será o próximo domingo 14 de Outubro, antes do partido entre o Numancia e o SD Valdoviño en Prados Vellos, cando o representante de Bodegas&Vinos Ares faga entrega a Carlos Vázquez do obsequio por ser o xogador mais regular do mes de Setembro. ¡¡¡Noraboa Carlos¡¡¡

AUPA NUMANCIA

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.