TROFEO REGULARIDADE BODEGAS&VINOS ARES
CHAPUGOL ATACA DE NOVO
Despois dunhas primeiras xornadas nas que Chapu non tivo moito protagonismo por diversos motivos, o pasado domingo en Prados Vellos ante o Mandiá CF apareceu o killer do Numancia para anotar dous goles que encarrilaron a vitoria do Numancia ante os ferrolás. Nesta ocasión, aproveitamos a visita dos compoñentes do Club de Remo de Ares para que valoraran aos nosos xogadores. Unha representación de remeiros da Santa Olalla que disfrutaban do post - partido na cantina, o seu delegado, Manolo Peña e o directivo do Numancia, Jorge Martínez puntuaron aos nosos xogadores da seguinte maneira neste partido ante o Mandiá CF:
CHAPU - 4,66
CARLOS VÁZQUEZ - 4
DANI ESPIÑEIRA - 3,66
JOAQUÍN - 3,33
CARLOS ARNOSO - 3,33
ANTÓN - 3,33
ELÍAS - 3,33
PABLO FERRO - 3,33
FRAN RIPAS - 3,33
IVÁN PIVO - 3,33
JUAN - 3,33
JULIO - 3,33
MARTÍN - 3,33
ÓSCAR - 3,33
BERTO - 3
VICENTE - 3
Carlos Vázquez, Iván Pivo e Dani Espiñeira son os tres aspirantes ao premio do mes de Setembro, con vantaxe para o primeiro. Queda un partido neste mes, que ben valería valer dobre para as puntuacións (aínda que unha vez revisado o regulamento das mesmas non será así). O próximo sábado as 17:30 no campo de herba natural de A Pedreira, GALICIA DE MUGARDOS "B" - NUMANCIA DE ARES. Derbi á vista que non te debes de perder.
AUPA NUMANCIA