TROFEO REGULARIDADE BODEGAS&VINOS ARES (Meirás - Numancia
KIKE DRAGOEVICH FOI O MELLOR NO MISAEL PRIETO
Por primeira vez nesta temporada, o Numancia deixou a portería a cero. Iso foi moi valorado polos votantes desta semana, que otorgaron a os dous porteiros do Numancia, Kike e Carlos Arnoso as mellores puntuacións. Os Coortuis e Keylor Navas do Numancia, están alternando na portería, garantindo así ter a dous bos porteiros preparados para ser o candado do equipo en calqueira momento da temporada. Esta semana, o adestrador Miguel Carballeira, o aficionado Guillermo Ares "Willy" e a fiel seguidora dos modestos, Aida Feal tiveron a ver puntuar aos nosos da seguinte forma.
KIKE: 4
CARLOS ARNOSO - 3,66
CARLOS VÁZQUEZ - 3,33
CHAPU - 3,33
MARCELO - 3
AMENEDO - 3
RUBÉN - 3
MARTÍN - 2,66
ALBERTO - 2,33
ESPIÑEIRA - 2,33
IVÁN PIVO - 2,33
JUAN - 2,33
JULIO - 2,33
ÓSCAR - 2,33
ALEX PITA - 2,33
VICENTE - 2
Desta maneira, despois de tres xornadas, Carlos Vázquez lidera a clasificación cun bo colchón sobre Iván Pivo ou Kike. Nos dous últimos partidos do mes de Setembro, ante o Mandiá CF en Prados Vellos o domingo ás 17:30 e na visita da seguinte fin de semana A Pedreira no gran derbi ante o Galicia de Mugardos "B" teremos ocasión de seguir evaluando aos nosos xogadores.
AUPA NUMANCIA