Trofeo á Regularidade "Bodegas & Vinos Ares". Clasificación Final.
ALEX PITA, ADXUDÍCASE O TROFEO BODEGAS&VINOS ARES AO XOGADOR MAIS REGULAR DA TEMPORADA 2017-2018
O pasado domingo 10 de xuño, o Numancia despedía a temporada na semifinal de Copa ante o Galicia de Mugardos. Nese partido, Aléx Perez (representante de Bodegas&Vinos Ares), Jorge Martínez (directivo e monitor do Numancia) e Alberto Permuy (capitán dos modestos, mancado neste partido) facían as valoracións dos xogadores. Carlos Arnoso foi o mellor ante o G. Mugardos, por diante de Elías, Pivo ou Dani Espiñeira que tamén levaron unha boa puntuación, dentro da boa tónica de todo o equipo.
No que se refire as puntuacións finais da temporada, o explosivo e rápido atacante zurdo do Numancia, Alex Pita superou por un punto ao excelente gardarredes, Carlos Arnoso, nunha clasificación final que quedou da seguinte maneira:
CLASIFICACIÓN FINAL TROFEO REGULARIDADE BODEGAS&VINOS ARES 2017-2018
ALEX PITA - 570 puntos
ARNOSO - 569 puntos
JULIO - 564 puntos
ESPIÑEIRA - 546 puntos
ELÍAS - 539 puntos
EMI MAGA - 533 puntos
CHAPU - 481 puntos
BERTO - 474 puntos
MARTÍN - 469 puntos
FRAN - 462 puntos
AMENEDO - 453 puntos
ÓSCAR - 410 puntos
JUAN - 397 puntos
CARLOS - 386 puntos
PIVO - 351 puntos
TETI - 339 puntos
JOAQUÍN - 202 puntos
ÁNGEL - 187 puntos
ESTEBAN - 186 puntos
IVÁN (xuv) - 182 puntos
VICENTE - 132 puntos
FERRO (xuv) - 95 puntos
KIKE - 56 puntos
CRISTIAN - 34 puntos
CAVEZZA (xuv) - 32 puntos
FRAN ANIDO (xuv) - 24 puntos
PABLO VASCÓS (xuv) - 14 puntos
Felicitar a Alex Pita por este premio que recoñece o seu bo facer durante toda a temporada. Agradecerlle aos 22 xogadores con licencia do primeiro equipo e aos 5 xogadores xuvenís que se sumaron o seu traballo e a sua entrega de maneira totalmente desinteresada, semana tras semana. Felices vacaccións rapaces.
¡¡¡Orgullosos dos nosos¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡