TROFEO Á REGULARIDADE "BODEGAS E VIÑOS ARES. COPA. MOECHE, 4 - NUMANCIA, 5
CATRO GOLES DE CHAPU.
O xuvenil Iván Dragoevich lidera a clasificación de maio.
Ares, 14 de maio de 2018.
En primeiro lugar temos que agradecer ao Moeche, aos seus directivos e xogadores, que accederan a poñer o partido nunha hora tan tardía. A nosa petición de retrasar a hora do comezo do partido, debido aos banquetes das comuñóns que se celebraron en Ares este domingo, foi atendida sen titubear polo equipo de Moeche. Vaia o noso agradecemento.
Outro detalle positivo foi comprobar o magnífico estado do céspede do campo, unha verdadeira alfombra onde é un luxo xogar.
Respecto do partido, cando aos trinta minutos o Numancia xa marcara catro goles, parecía que a eliminatoria estaba sentenciada. Mais parece que nos gusta poñerlle emoción aos partidos e vimos como se chegaba ao descanso cun 2 – 4 que deixaba aberto o resultado. Tres goles de Chapu (aproveita todo o que lle cae cerca) e un de Julio daban vantaxe ao Numancia.
Ao comezo da segunda parte, outro gol de Chapu xa parecía disipar as dúbidas, aínda que o Moeche conseguiría outros dous goles e quedou un minuto de suspense.
As valoracións para o trofeo á Regularidade, patrocinado por “Bodegas e Viños Ares”, foron outorgadas por Antonio González, “Toni” (foron moitos anos no Numancia), o adestrador José Antón e o directivo Cartelle:
CHAPU 14
Iván Drago 11
CARLOS V. 10
FRAN 10
JULIO 10
TETI 10
ALBERTO 9
AMENEDO 9
ELÍAS 9
EMI 8
ESPIÑEIRA 8
JUAN 8
ÓSCAR 8
PITA 8
ARNOSO 7
Despois destes dous últimos partidos, temos a satisfacción de comprobar o ben que responden os xuvenís, e vemos como Iván Dragoevich vai líder da clasificación do mes de maio:
Iván Drago 22
TETI 21
ESPIÑEIRA 20,5
CARLOS V. 20
ALBERTO 19,5
JULIO 19,5
AMENEDO 19
ARNOSO 18,5
FRAN 18,5
JUAN 18
EMI 17,5
PITA 16,5
ÓSCAR 16
CHAPU 14
ELÍAS 9