TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 12ª X.: NUMANCIA, 0 - MEIRÁS, 2
DERROTA ANTE UN MEIRÁS MÁIS INTENSO E CONTUNDENTE
Cando non se aproveitan as ocasións, acabas perdendo o partido.
Ares, 18 de febreiro de 2018.
Boa entrada en Prados Vellos cunha excelente asistencia dos afeccionados de Meirás, equipo que chegaba colocado na terceira posición da táboa clasificatoria, sabendo que non podía fallar ante o Numancia. Esa motivación e a fe na vitoria foron claves para gañar os tres puntos e continuar na loita por alcanzar aos dous primeiros clasificados. O resultado puido ser outro, pero se non rematas as ocasións e as poucas que finalizas encontras a un porteiro moi vivo e áxil, acabas perdendo.
Só cabe felicitar ao equipo do Meirás, moi xeneroso no esforzo, e animar ao plantel do Numancia, que, a pesar do resultado adverso, competiu cara a cara cos visitantes.
As puntuacións para o Trofeo á Regularidade “Bodegas e Viños Ares” deste partido foron outorgadas por Cartelle (directivo), e dúas seguidoras: Bea (sospeitamos que foi moi dura con algún xogador) e Andrea. Curiosamente, dous xogadores que empezaron o partido no banco de suplentes, Carlos e Chapu, foron os máis valorados:
CARLOS V. 13
CHAPU 12
ALBERTO 10
EMI 9
ESPIÑEIRA 9
IVÁN 8
PITA 8
ARNOSO 7
ELÍAS 7
JULIO 7
MARTÍN 7
AMENEDO 6
VICENTE 6
FRAN 5
JOAQUÍN 5
TETI 5
A falta do partido da vindeira semana en Moeche, parece que o premio vai estar entre Pita e Chapu, aínda que os seus seguidores tamén contan con algunha posibilidade:
PITA 33,5
CHAPU 32
ALBERTO 30
ARNOSO 30
EMI 29,5
CARLOS V. 28
ESPIÑEIRA 27
ELÍAS 25,5
VICENTE 24
AMENEDO 23
JULIO 23
TETI 21,5
MARTÍN 16
FRAN 14,5
JOAQUÍN 12
JUAN 10,5
IVÁN 8
Vascós 7