TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 11ª X.: NUMANCIA, 3 - VALDOVIÑO, 3

DOBLETE DE PITA

Empate que deixa un sabor agridoce tras un accidentado partido.

Ares, 12 de febreiro de 2018.

ADR Numancia de Ares. Bodegas y Vinos Ares. Trofeo a la regularidad de Aficionados 2017-2018. Mes d Enero. ElíasNos prolegómenos do partido, Álex Pérez como representante de “Bodegas e Viños Ares” entregou o premio correspondente á Regularidade do mes de xaneiro, galardón que recaeu en Elías, un xogador sempre xeneroso no esforzo.

O comentario deportivo do partido vese relegado polas desgraciadas incidencias ocorridas durante a tarde de onte. Un partido que comezaba ben co madrugador gol de Pita pero que se foi enrarecendo. Aínda que as decisións, case sempre equivocadas, do árbitro contribuíron á creación dun ambiente tenso, non queremos nin podemos xustificar tampouco as reaccións esaxeradas e desafortunadas nin dos futbolistas nin dos afeccionados, pero si hai que recoñecer tamén os erros do sr. colexiado. Con todo, o partido púxose moi ben para o Numancia que chegou a ter unha vantaxe de dous goles preto do final da primeira parte. Porén, a autoexpulsión de Juan influíu no desenvolvemento da segunda parte, na que o Valdoviño conseguiu un empate e mesmo puido levar os tres puntos. 

Mais volvamos ao asunto principal: o comportamento dos afeccionados, por moitos erros que teñan os árbitros, non pode ser o que vimos este domingo. E non pode ser, primeiro porque estamos dando un lamentable exemplo aos nenos que temos a carón. Paremos a reflexionar e miremos para os nenos de 7 ou 8 anos que nos están oíndo. Estamos seguros que paga a pena insultar, ofender e inxuriar a un señor, porque pensamos que nos pita unha falta en contra dos nosos intereses? Reflexionemos, por favor. Como dixen antes, pensemos nos nenos. E valoremos se estamos axudando ao club ou se lle causamos prexuízos.  

Como consideramos a imaxe da presenza (solicitada polo árbitro) da Garda Civil en Prados Vellos? Había necesidade de chegar a iso? 

Desde o club insistimos en pedir SENSATEZ e tamén EDUCACIÓN. Polo ben de todos, dos nenos, do club, e dos afeccionados e xogadores.

A destacar tamén o debut  doutro xuvenil : Pablo Vascós acudiu á chamada de última hora para cubrir a baixa de Fran. Sempre é positivo darlles oportunidades aos rapaces da canteira e o club debe agradecer a súa colaboración. 

As puntuacións para o Trofeo á Regularidade “Bodegas e Viños Ares” deste partido foron outorgadas por Manuel “Ripas” (afeccionado), Marcelo (cervantino en Coruña) e Xoán (directivo):

ADR Numancia de Ares. Bodegas y Vinos Ares. Trofeo a la regularidad de Aficionados 2017-2018. Pita. Destacado en el Numancia - Valdoviño.PITA         14

ALBERTO 11

ARNOSO 11

CHAPU          10

ESPIÑEIRA 10

VICENTE 10

EMI          9

MARTÍN 9

ELÍAS         8

AMENEDO 7

CARLOS V. 7

JULIO         7

TETI         7

Vascós         7

JUAN         4

Despois destes dous primeiros partidos de febreiro, así queda a clasificación deste mes de Entroido:

PITA         25,5

ARNOSO 23

EMI           20,5

ALBERTO 20

CHAPU         20

ELÍAS         18,5

ESPIÑEIRA 18

VICENTE 18

AMENEDO 17

TETI         16,5

JULIO         16

CARLOS V. 15

JUAN         10,5

FRAN       9,5

MARTÍN 9

JOAQUÍN 7

VASCÓS         7

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.