TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES. NUMANCIA, 0 - MANIÑOS, 5

ELÍAS LIDERA A CLASIFICACIÓN DO MES DE XANEIRO.

Terceira derrota consecutiva dos modestos que ven como se distancian varios rivais.

Ares, 17 de xaneiro de 2018.

ADR Numancia de Ares. Trofeo Regularidad de Aficionados 2017-2018. Bodegas  Vinos Ares, Noviembre y Diciembre. Alex Pérez, Carlos Arnoso y Emilio MagariñosExcelente entrada en Prados Vellos na tarde deste domingo para contemplar dun clásico entre un Maniños que se presentaba coma líder da categoría e un Numancia que partido a partido deixa de sumar puntos.

Nos prolegómenos do partido, Álex Pérez entregaba os premios do trofeo á Regularidade “Bodegas e Viños Ares” a Carlos Arnoso (mes de decembro) e Emi Magariños (mes de novembro).

Comezou o partido cun Maniños que tiña o balón, xogándose en campo local pero sen crear ocasións de gol. Foi  Dani Espiñeira, primeiro cun remate frouxo despois de evitar a saída de Iñaki, e pouco despois cun bo disparo que obrigou ao porteiro visitante a unha gran intervención, quen gozou das oportunidades máis claras. Porén, un centro que se envelenou entrando pola escuadra da portería local, deulle a vantaxe ao Maniños. Aínda puido empatar o Numancia no lanzamento dunha falta directa realizada por Chapu e que Iñaki, nunha excelente parada, desviou a córner. Con ese resultado de 0 – 1 chegouse ao descanso. Antes, o Numancia xa tivera que retirar ao central Alberto, lesionado nun nocello.

A segunda parte principiou con intentos do equipo local por conseguir o empate, disfrutando dun par de ocasións, mesmo un remate no que o balón, entre o gardametas visitante e o traveseiro, acabou en córner. Mais unha má entrega en defensa, propiciou o segundo gol dos maniñenses. Dous goles conseguidos en dous erros dos aresáns que pesaron coma dous lousas. O resto da segunda parte xa se converteu nun pequeno caos para os xogadores numantinos, descolocados totalmente, intentando irse arriba con demasiada presa, e abandonando as posicións defensivas. Así foron como os maniñenses puideron crear máis ocasións e lograr outros tres goles. Polo medio quedou tamén un penalti lanzado por Chapu que detivo por Iñaki.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. ElíasNesta ocasión tivemos a participación nas votacións no trofeo á Regularidade “Bodegas e Viños Ares” de Álex Feal (xogador xuvenil), Vicente (xogador en proceso de recuperación) e Santi Cartelle (afeccionado) co resultado dun triplo empate:

ELÍAS 10

EMI 10

ÓSCAR 10

ESPIÑEIRA 9

FRAN 9

JULIO 9

MARTÍN 9

ALBERTO 8

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. ÓscarCARLOS VÁZ. 8

JOAQUÍN 8

AMENEDO 7

ESTEBAN 7

KIKE 7

CHAPU 6

JUAN 5

Sumando estes puntos máis o do partido anterior xogado na Capela, así queda a clasificación do mes de xaneiro:

ELÍAS 17

EMI 16

JOAQUÍN 16

CHAPU 15

ESPIÑEIRA 15

ÓSCAR 15

ALBERTO 14

MARTÍN 14

AMENEDO 13

KIKE 13

ESTEBAN 12

FRAN 9

JUAN 9

JULIO 9

CARLOS VÁZ. 8

ARNOSO 7

Iván Drago 6

Fran ANIDO 6


A vindeira semana, espera o Barallobre. E tamén esperamos ir recuperando xogadores. 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.