TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017. 2ª FASE, 2º X.
VOLVEU CHAPUGOOOOOOOOOL!
Doblete de Chapu na vitoria do Numancia por 4 - 0 fronte a un Moeche do que se esperaba máis.
Ares, 27 de novembro de 2017.
Nos prolegómenos do partido, Manel Pérez entregou o premio da Regularidade do mes de outubro a Alejandro Pita. Tamén debemos destacar o xesto dos futbolistas de ambos equipos portando carteis uns e vestindo camisolas outros, en contra da Violencia de Xénero.
Do partido celebrado este dominmgo en Prados Vellos, debemos salientar que os tres primeiros goles foron materializados polos “veteranos” do equipo, Chapu e Esteban. Estes tres máis un cuarto tanto obra de Ángel, déronlle os tres puntos a un Numancia que realizou un bo partido, xogando e combinando como eles saben.
Despois da derrota na primeira xornada ante o Meirás, era importante gañar este partido para non perder distancia cos primeiros clasificados. Así foi e agora deben sumarse outros tres puntos ante o Cebarca, próximo visitante en Prados Vellos.
Manolo, Genete e Jorge foron os tres afeccionados que participaron nas votacións do Trofeo á Regularidade Bodegas e Viños Ares e así valoraron o xogo dos 16 rapaces numantinos que completaron a convocatoria por vez primeira desde hai un mes:
CHAPU 15
ELÍAS 12
EMI 12
ESPIÑEIRA 12
ESTEBAN 12
MARTÍN 12
ÓSCAR 12
ALBERTO 11
PITA 11
JUAN 10
JULIO 10
ÁNGEL 9
ARNOSO 8
FRAN 8
IVÁN 8
JOAQUÍN 7
Como este era o último partido deste mes de novembro, Bodegas e Viños Ares xa ten un segundo vencedor no premio á Regularidade desta temporada: Emi, regresando aos campos de fútbol, unha vez superada a súa lesión, recolle o premio á súa entrega total nos partidos.
EMI 35
PITA 32
ELÍAS 29
ARNOSO 28
MARTÍN 28
IVÁN 25
JUAN 25
ALBERTO 23
CHAPU 23
ÓSCAR 23
ESPIÑEIRA 21
ESTEBAN 19
JULIO 19
JOAQUÍN 17
FRAN 15
Iván Drago 13
ÁNGEL 9
CAVEZZA 8
Pablo Ferro 7
AMENEDO 5
CARLOS VÁZ. 0
CRISTIAN 0
VICENTE 0
Para o trofeo final de temporada á Regularidade, patrocinado por Bodegas y Vinos Ares, continúa sendo Alejandro Pita o xogador máis destacado:
PITA 98
MARTÍN 80
JULIO 71
FRAN 69
ALBERTO 65
ESPIÑEIRA 65
ELÍAS 64
JUAN 63
ARNOSO 62
IVÁN 62
EMI 60
ESTEBAN 55
ÓSCAR 53
ÁNGEL 43
JOAQUÍN 40
AMENEDO 37
CHAPU 31
VICENTE 29
CARLOS VÁZ. 24
Iván Drago 24
CRISTIAN 17
CAVEZZA 16
Pablo Ferro 13