TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18
COMEZAMOS EN BARALLOBRE
Tres afeccionados puntuarán ao final do partido a actuación dos xogadores numantinos.
Ares, 1 de outubro de 2017.
Unha temporada máis, a empresa Bodegas & Vinos Ares renova o seu compromiso co Numancia e patrocina o Trofeo á Regularidade. En cada xornada solicitarase a participación de tres afeccionados que terán que valorar nunha escala de 1 a 5 a actuación de cada xogador e, a final de mes, o xogador con máis puntos será obsequiado cun premio por parte de Bodegas & Vinos Ares. A final de temporada tamén será entregado o Trofeo á Regularidade.
Bodegas & Vinos Ares conta na súa oferta con viños procedentes de 8 adegas:
Da Rioxa Alta: Adegas Murillo Viteri.
Da Rioxa Alavesa: Adegas San Prudencio.
Da Ribeira do Doiro: Adega Señorío de Bocos.
Da comarca de Valdeorras: Adegas Santa María.
Do Ribeiro ourensán: Adega Castro de Rei.
Da Ribeira Sacra: Adegas Don Bernardino.
Das Rías Baixas: Adega Gran Vinium e Adega F. Meis.
A ADR Numancia manifesta o seu agradecemento a Bodegas & Vinos Ares pola súa colaboración coa nosa entidade, impulsando unha iniciativa que sen dúbida aportará un aliciente máis no partido de cada xornada.