XUVENÍS. TROFEO Á REGULARIDADE "CAFETERÍA TARRAFA". 3ª SEMANA ABRIL 2017

PABLO CAVEZZA, PABLO CARTELLE E TITO DISPUTAN O PREMIO DESTE MES DE ABRIL

O premio á Regularidade patrocinado pola  Cafetería Tarrafa está máis igualado que nunca. Só dúas décimas separan a estes tres xogadores.
Ares, 26 de abril de 2017.
O partido do sábado en Caranza xogouse nunha tarde de incendio en Ferrol, e pareceu que o fume restara forzas aos xogadores do Numancia. Claro está que sen levar unha preparación física adecuada, participando sen regularidade nas sesións semanais, resulta imposible alcanzar un mínimo ton físico. As consecuencias estámolas vendo partido a partido observando como os xogadores rivais teñen outra punta de velocidade. E isto volveu a suceder en Caranza. Aínda así, o Numancia conseguiu adiantarse no marcador cun gol de Pablo Cavezza pero nos últimos minutos e con dez xogadores no campo por lesión do capitán Óscar, o Caranza remontou e conseguiu a vitoria.
Marcelo (xogador do equipo de afeccionados e adestrador dos prebenxamíns), Carlos (xuvenil, lesionado), e os dous técnicos de xuvenís, Carballeira e Antón, déronlles estas valoracións:
CAVEZZA 3,6
ROLO         3,6
ÓSCAR         3,2
TITO         3,1
CARTELLE 3,1
FERRO         2,8
RAÚL ANI 2,8
BIRAMA         2,5
FRAN         2,5
FRAN ANI 2,2
MIGUEL         2,2
GIL         2,1
ADRI ANEI 1,5
FEAL 1,3
A nota media do equipo quedou nun suficiente: 2.6.

Tras os tres primeiros partidos deste mes de abril, o Trofeo á Regularidade da Cafetería Tarrafa está encabezado por Pablo Cavezza:

CAVEZZA 9,2
CARTELLE 9,1
TITO         8,9
ÓSCAR         8,7
ROLO         8,4
F. ANIDO 7,1
CARLOS V 6,8
MIGUEL         6,5
BIRAMA         6,4
FRAN         5,8
GIL                 5,7
FEAL         5,2
RAÚL ANI 5,2
FERRO         4,8
IVÁN         3,4
JAIME         3.3
ADRI ANEI 2,4
EMI                 2,0
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.