XUVENÍS. TROFEO Á REGULARIDADE "CAFETERÍA TARRAFA". 1ª SEMANA ABRIL 2017

Tarrafa. Trofeo á Regularidade de Xuvenís 2016-2017. Mes de Abril.CARLOS E TITO, OS MÁIS VALORADOS EN NARÓN

A cafeteria Tarrrafa dará o último premio da temporada na categoría xuvenil.

Ares, 7 de abril de 2017.

Chegamos ás últimas tres xornadas de Liga coa mente posta nesa final de Copa de maio e estamos máis que satisfeitos da resposta dos establecementos de Ares. A día de hoxe, podemos destacar a boa acollida que tivo en todos eles esta iniciativa de buscar unha motivación extra para os nosos xuvenís e todos aqueles a onde acudimos, responderon de marabilla. Quedaba este último mes de Liga e será a Cafetería Tarrafa, agora con cambio de xestores, quen recompense ao xogador máis valorado nestas derradeiras xornadas.

No Cadaval de Narón xogaron este pasado sábado e, unha vez máis, temos que lamentar un suceso triste e incomprensible. Máis alá do resultado, o que trouxemos foi unha agresión totalmente inxustificada a cargo dun xogador do Narón que provocou a resposta de Emi Magariños, un rapaz que estaba a recuperar a forma perdida tras tres meses de ausencia nos campos de fútbol e que agora recibiu unha sanción de tres partidos. Ademais, tamén sufrimos a recaída na lesión de Pablo Ferro. Así que podemos valorar moi negativamente a xornada, aínda que se conseguise unha remontada no marcador cos goles de Carlos e Birama.

Os dous técnicos, Carballeira e Antón, xunto a dous xogadores lesionados, Barreiro e Raúl Anido, foron os encargados das valoracións deste partido, dando un empate para Carlos e Tito:

CARLOS V 3,06

TITO 3

CARTELLE 2,68

ÓSCAR         2,31

FRAN ANI 2,12

EMI         2

ROLO         2

FERRO         1,93

MIGUEL        1,93

BIRAMA  1,81

CAVEZZA 1,81

FEAL 1,81

GIL         1,62

A nota media do equipo quedou por baixo do suficiente: 2.1.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.