TROFEO Á REGULARIDADE RESTAURANTE "A CASA NOVA". 5ª SEMANA
O RESTAURANTE “A CASA NOVA” PREPARADO PARA RECIBIR A UN CLIENTE ILUSTRE
Outra actuación imperial, liderando o equipo desde a súa posición central, outórgalle a Óscar este primeiro galardón da temporada.
Ares, 30 de outubro de 2016.
O partido no Cadaval ante un Narón B con xogadores moi novos era un deses partidos trampa onde a falta de tensión pode levarnos a resultados imprevistos. Non obstante, cunha vantaxe de dous goles aos 15 m. a vitoria parecía asegurada e foi precisamente Óscar quen recuperando un balón na zona defensiva propia e tras unha espectacular cabalgata ata a área do Narón o que lle regalou o primeiro gol a Carlos. A partir deste momento o partido entrou nunha fase onde a incertidume ía estar no número de goles que se marcarían.
Neste último partido do mes de outubro participaron nas puntuacións os dous adestradores, Antón e Carballeira, xunto a Javier Aneiros e Cartelle.
Un partido máis, Óscar recolleu as puntuacións máis altas:
ÓSCAR 4.35
CARLOS V 3,5
F. ANIDO 3
RAÚL 3
GIL 2,75
ANTÓN 2,5
ROLO 2,5
BIRAMA 2,25
LUÍS 2,25
ADRIÁN 2
FERRO 2
MIGUEL 2
NICO 2
CAVEZZA 1,5
ÁLVARO 0,25
Finalmente, non houbo sorpresa e o premio do Restaurante A Casa Nova correspondente a este mes de outubro foi para o capitán do equipo, Óscar, quen tivo unhas actuacións moi completas nos cinco partidos disputados, sendo unha das pezas fundamentais do equipo. A súa velocidade e anticipación permítelle recuperar moitos balóns que logo gusta de conducir en ataque, subindo en rápidos contraataques á área rival.
A suma das puntuacións nos cinco partidos de outubro queda así:
ÓSCAR 17,13
ANTÓN 14,25
F. ANIDO 14,13
FERRO 14,00
CARLOS V 13,63
ROLO 12,38
BIRAMA 11,50
RAÚL 10,75
EMI 10,25
CARTELLE 9,75
CAVEZZA 9,75
GIL 9,38
NICO 8,75
SERGIO 8,75
ÁLVARO 7,25
FEAL 6,50
LUÍS 5,88
MIGUEL 3,25
SAAVEDRA 2,25
ADRIÁN 2,00
J. CARLOS 1,50
FRAN 0,00