TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS VINOS ARES.

bodegas_y_vinos_ares_regularidade.pngJULIO ESCUDERO, PRIMEIRO LÍDER DE BODEGAS & VINOS ARES

O anterior Murillo Viteri convértese en Bodegas & Vinos Ares, empresa aresá liderada por Alejandro Pérez. Os xogadores de afeccionados do Numancia levarán nota en cada partido de liga, optando todos ao premio mensual á regularidade outorgado por Bodegas & Vinos Ares, así como ao premio á regularidade da temporada 2016/17.

Ares, 8 de setembro de 2016.

Bodegas & Vinos Ares conta na súa oferta con viños procedentes de 8 adegas:

  • Da Rioxa Alta: Adegas Murillo Viteri.
  • Da Rioxa Alavesa: Adegas San Prudencio.
  • Da Ribeira do Doiro: Adega Señorío de Bocos.
  • Da comarca de Valdeorras: Adegas Santa María.
  • Do Ribeiro ourensán: Adega Castro de Rei.
  • Da Ribeira Sacra: Adegas Don Bernardino.
  • Das Rías Baixas: Adega Gran Vinium e Adega F. Meis.

Esta empresa aresá que colabora coa nosa entidade, continuará premiando o esforzo e tamén o acerto dos nosos xogadores afeccionados en cada un dos partidos que disputen ao longo desta temporada. Sempre segundo a opinión de catro afeccionados consultados en cada xornada.

Os resultados das votacións do partido celebrado o pasado domingo na Barqueira, ante o Cebarca, foron os seguintes: 

  Xogador Puntos
  JULIO 4,75
  ELÍAS 3,5
  DANI ESPIÑEIRA 3,5
  JOAQUÍN 3,25
  IVÁN 3,25
  MARCELO 3
  ÁLVARO 2,75
  CARLOS 2,25
  JUAN 2,25
  ROI 2,25
  ÁLEX MARTI 2,25
  ANTÓN 2
  ALBERTO 2
  MARTÍN 2
  AMENEDO 1,5

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.