TROFEO MURILLO VITERI. SETEMBRO 2015.
CHAPU PRIMER MURILLO VITERI DA TEMPORADA
Por sexto ano consecutivo e por xentileza de Manel e Alejandro Pérez, representantes da adega Murillo Viteri (Cenicero, La Rioja) para a zona de Ferrolterra, neste mes iniciamos unha nova temporada de premios á regularidade na categoría de modestos.
Ares 30 de setembro de 2015
Como en temporadas anteriores a adega Murillo Viteri seguirá premiando mensualmente ao xogador máis regular do equipo de modestos, sempre segundo a opinión dos afeccionados, técnicos e directivos que presencian cada partido. O xogador que acade a mellor valoración, obtendo a media da suma dos puntos obtidos en cada partido, recibirá un agasallo en forma de produtos pertencentes á adega Murillo Viteri. Ademais, como nas pasadas edicións, a final de temporada, haberá un premio destinado ao xogador “máis regular da temporada”.
Durante o campionato de liga o final de cada mes publicaremos na web as puntuacións obtidas polos xogadores en cada partido, a clasificación media mensual e a xeral.
Desde a ADR Numancia manifestamos o noso agradecemento os representantes da adega Murillo Viteri pola súa colaboración co noso Club, engadindo deste xeito cos seus premios á regularidade un aliciente máis para os nosos deportistas
Pulsa neste enlace si queres contactar coa adega Murillo Viteri.
Os representantes da adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra, entregarán este vindeiro domingo, 4 de outubro, nos prolegómenos do partido que o Numancia disputará fronte A Capela, o primeiro premio da temporada ao xogador máis regular do mes de setembro, galardón que neste primeiro mes de competición recaeu en Chapu, ao que desde aquí damos a nosa noraboa.
A continuación, expoñemos as puntuacións medias obtidas polos xogadores en cada un dos partidos, así como, a valoración final correspondente o mes de setembro.
XOGADOR Xornada 1 X. Cabanas Numancia (0 - 4) Xornada 2 Numancia G. Caranza (1 - 1) Xornada 3 Mandiá Numancia (2 - 2) Xornada 4 Numancia Dep. Narón (3 - 5) TOTAL MES CHAPU 3,5 3,5 3,3 3,3 13,60 JOAQUIN 3,5 1,5 3 3,8 11,80 JULIO 3,5 2,3 2,5 3,3 11,60 ROI 3,8 2 3 2,5 11,30 EDU 3,3 2,8 1,8 3 10,90 ALEX PITA 3,3 2,3 2 3 10,60 CARLOS 3,5 2,3 2,3 2,3 10,40 MARTIN BOUZA 4,3 3 3 10,30 PAULO 3,5 1,5 2,5 2,8 10,30 TETI 4 2,8 2,8 9,60 ALBERTO 3,3 2,5 2,5 8,30 PEPE 3,5 2,3 2,5 8,30 CRISTIAN 3 1 1 2 7,00 FERNANDO 3 1,5 1,8 6,30 ADRIAN 3,3 1,5 1,3 6,10 ALVARO 3 2,8 5,80 ANTON 2,8 2,5 5,30 AMENEDO 2 2,5 4,50 RUBEN 2,5 2,50 MARCELO 2,3 2,30 MANU 2 2,00 MARTIN PEREZ 2 2,00
.