TROFEO MURILLO VITERI. CEDEIRA - NUMANCIA.
VARIOS CANDIDATOS OPTAN AO MURILLO VITERI DO MES DE MARZO.
Moi bo partido dos modestos fronte ao Cedeira, e malia a derrota, os afeccionados souberon valorar na súa xusta medida.
Ares 28 de marzo de 2012.
Os afeccionados adxudicaron unhas altas puntuacións a todos os xogadores, entre a que destaca a do cancerbeiro aresán. As boas intervencións de Carlos Arnoso fanlle merecedor de tan distinguido posto.
Algún afeccionado dos sondados para dar as valoracións do partido díxome "pon un cinco a todos, hoxe merecen todos un cinco", creo que estas afirmacións, malia a derrota fronte o Cedeira, resumen en poucas palabras o traballo do equipo.
Estas son as valoracións que os afeccionados outorgaron a cada un dos xogadores no partido deste pasado fin de semana:
CARLOS ARNOSO |
4,25 |
JAVI ENRIQUE |
4 |
CESAR |
3,75 |
ALEX GARCIA |
3,5 |
BULE |
3,5 |
TETI |
3,5 |
CARLOS BARCIA |
3,25 |
MANU |
3,25 |
JESUS |
3 |
MARTIN |
3 |
COSTA |
2,75 |
ALVARO |
2,25 |
DANI CAGIDE |
2,25 |
JORGE |
2,25 |
Unha vez sumadas as valoracións do partido contra o Cedeira, ao resto das do mes de marzo, resulta unha clasificación bastante apertada e na que varios candidatos teñen opcións a adxudicarse o Murillo Viteri do mes. O próximo domingo 1 de abril, ás 17:00 h, en Prados Vellos fronte ao San Sadurniño, coñecerase o gañador do Trofeo. Recordar que nas valoracións do mes de marzo tamén entran as puntuacións do primeiro partido do mes de abril.
Así está a clasificación parcial a falta do partido do próximo fin de semana:
JAVI ENRIQUE |
13,25 |
MANU |
13,25 |
BULE |
13 |
TETI |
13 |
JESUS |
12,25 |
CARLOS BARCIA |
12 |
MARTIN |
12 |
ALEX GARCIA |
11,75 |
CARLOS ARNOSO |
11,5 |
COSTA |
11,25 |
CESAR |
8 |
JAVI |
8 |
RUBEN |
7 |
JORGE |
6,75 |
DANI CAGIDE |
4,25 |
ALVARO |
2,25 |
JAUMA |
1,75 |